IGREXA DE SAN MAMEDE DA CANDA
A CANDA
PIÑOR
A Canda
San Mamede da Canda é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Segundo o IGE en 2014 tiña 327 habitantes (170 homes e 157 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.
Toponimia
O fitónimo galego A Canda refírese a unha póla de árbore usada para alumear, a partir do latín candănu.
Patrimonio
Pazo de Vilariño, do século XVI. De planta rectangular con dous pisos e cunha torre almeada. A fachada ten un muro almeado con porta de arco de medio punto con dous escudos das armas dos Mosquera, Sotomaior, Andrade e López. Ten unha capela, pombal e unha fonte de 1680.
Lugares da Canda
Casfigueiro Cotelas, A Folgosa, Freás da Canda, Guimarás, As Lagoas, Mirela, Porto do Souto, Reda, San Mamede da Canda, Vilariño
Comarca do Carballiño
A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.
Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA