lunes, 11 de marzo de 2024

IGREXA DE SAN SALVADOR DE SANDE - SANDE - CARTELLE

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE SANDE

SANDE

CARTELLE

 IGLESIA DE SAN SALVADOR DE SANDE
       Edificio dunha soa nave, dividida en catro tramos separados por arcos de medio punto con contrafuerte exteriores e capela maior individualizada e con acceso a través dun arco de medio punto.

      Ata a súa recente reconstrución, a nave estaba cuberta por un interesante artesonado. Na actualidade loce parte do mesmo.

       Ao exterior, na cara norte ábrese unha porta lateral moi decorada. A fachada, que presenta torre dun só corpo con balaustrada que permite o acceso ao templo por unha porta entre pilastras, remarcada con molduras en liña crebada. O tímpano, recto no seu parte superior aparece seguido por unha xanela que ilumina a sancristía.

       No seu interior destaca o retablo maior, de Castro Canseco do primeiro cuarto do século XVIII.

Sande
     San Salvador de Sande é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 304 habitantes, dos cales 144 eran homes e 160 mulleres.

Patrimonio
     Na parroquia sitúase a torre de Sande ou fortaleza de Sande, unha fortificación medieval.

     O nome de Sande ven de Don Álvaro de Sande, conde e primeiro cabaleiro que pasou de Galicia a Extremadura, emparellado cos pais de San Rosendo. Ó ausentarse deulle estas terras ós abades do Mosteiro de Celanova. Outros derivan o nome de Sancho Díaz ou Sandiás.

Lugares de Sande
     O Bidueiro, Oleiros, Parbón, O Prado, Sande 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 10 de marzo de 2024

CASTRO DE SAN VICENZO - SAN VICENZO - AVIÓN

 CASTRO DE SAN VICENZO

SAN VICENZO

AVIÓN

O castro de San Vicenzo

       Por iniciativa da asociación cultural VIVE AVIÓN e dos titulares do monte comunal onde se atopa o castro, chegouse por fin a unha pequena sondaxe arqueolóxica con tres catas que nos achega algo de información sobre os habitantes máis antigos destas terras de Avión.

     O castro de San Vicenzo chegou ao século XXI sen escavacións regladas. A pesares dalgunha actuación dos buscatesouros, que sempre destrúen probas e nunca aportan nada ao coñecemento xeral, o castro de San Vicenzo segue intacto e estamos seguros de que pode gardar información sobre os modos de vida, actividades cotiás, relacións con outros castros… que a catas e estudos futuros poderán axudanos a descubrir.

      Destacar a aparición de cerámica típica dos castros, ademais dos restos dunha ánfora romana, e o descubrimento do que puido ser a porta de acceso ao recinto superior.

      Os achados nas escavacións, por humildes de parezan, poden dar moita información sobre o seu uso e a súa datación relativa, tendo en conta a súa posición orixinal nos estratos do terreo. Os cazatesouros destrúen esa información, que nunca máis poderá recuperarse.

San Vicenzo
       San Vicenzo é un lugar da parroquia de Avión no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro.

      Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 79 habitantes (34 homes e 45 mulleres), seis menos ca en 2010 (35 homes e 50 mulleres).

Lugares de Avión
     Beresmo, Cernadas, San Vicenzo, San Xusto

Avión
      San Xusto e Pastor de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. 

       En 2015 tiña 588 habitantes (279 homes e 309 mulleres), 133 menos ca en 2000. 

       Esta parroquia, por ser a capital do municipio, non perdeu tanta poboación como as outras do concello.

Patrimonio
      A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe.

      A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordenadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.

      A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego. 

MAPA

 

Fuente: Web Asociación Cultural VIVE AVIÓN

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

 

MUIÑOS EN FONDO DE VILA - RÍO PEDRIÑA - ASTURESES - BOBORÁS

 MUIÑOS EN FONDO DE VILA

RÍO PEDRIÑA

ASTURESES

BOBORÁS

Fondo de Vila
      Fondo de Vila é un lugar da parroquia de Astureses no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

      Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 37 eran homes e 32 mulleres.

      Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).

Astureses
      San Xulián de Astureses é unha parroquia do concello ourensán de Boborás. Segundo o IGE en 2011 tiña 212 habitantes (105 homes e 107 mulleres).

Xeografía
     A parroquia limita coas parroquias de Corneda (O Irixo), Madarnás e Longoseiros (O Carballiño), Moldes e Xuvencos (Boborás). A parroquia está cruzada polo oeste, de norte a sur, polo río Pedriña, un afluente do Arenteiro, e ten ao longo do seu percorrido varios muíños que hoxe en día é difícil visitar, aínda que en Fondo de Vila existe un muíño totalmente funcional.

      Está formada por varios núcleos de poboación. O núcleo de Batallás está formado polos lugares de Batallás de Abaixo, Batallás do Medio e Batallás de Arriba, este pertencente ao Carballiño.

Economía
     Parte da poboación traballa no sector servizos en vilas próximas como O Carballiño ou mesmo Ourense. Existe un alto nivel de emigración. Demograficamente a poboación está envellecida.

Patrimonio
      A igrexa de San Xulián de Astureses está situada en Outeiro e para chegar a ela pódese tanto ir por Fondo de Vila como pola Penela.

     Na ermida da Saleta celébrase unha romaría anual. Está rodeada por unha carballeira, e antigamente celebrábase unha competición automobilística de rallys, coñecida como Subida á Saleta.

Festas
      As tres festas principais son o San Bertolameu (24 de agosto), a Romaría da Saleta (19 de setembro), e o San Xulián, patrón da parroquia, que se celebra o 7 de xaneiro. As dúas primeiras son máis concorridas debido ás datas de verán e a que a festa patronal coincide co remate do Nadal

Lugares de Astureses
     Astureses, Batallás, Cibreiro, Eixán, Fondo de Vila, O Outeiro, A Penela, Xoane

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

HORREOS EN AS FERMOSAS - VILAR DE CONDES - CARBALLEDA DE AVIA

 HORREOS EN AS FERMOSAS

AS FERMOSAS

VILAR DE CONDES

CARBALLEDA DE AVIA

As Fermosas
      As Fermosas é un lugar da parroquia da Vilar de Condes no concello ourensán de Carballeda de Avia na comarca do Ribeiro.

      Tiña 32 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 18 mulleres.

       Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 31 habitantes (13 homes e 18 mulleres).

Lugares de Vilar de Condes
      As Fermosas, As Laceiras, Os Prados, Vilar de Condes

Vilar de Condes
      Santa María de Vilar de Condes é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense.

    En 2017 tiña 182 habitantes, 73 menos ca en 2007, cando tiña 235 (108 homes e 127 mulleres).

     Na Idade Media pertenceu ao coto de Melón, dependente do mosteiro de Santa María de Melón.

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. 

     O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA