domingo, 10 de marzo de 2024

CRUCEIRO DE XIRAZGA - CORREA - BEARIZ

 CRUCEIRO DE XIRAZGA

CORREA

BEARIZ

Xirazga
       San Salvador de Xirazga é unha parroquia do concello de Beariz na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2016 tiña 180 habitantes, dos cales 72 eran homes e 108 mulleres.

     Isto supón unha diminución de habitantes con respecto ao ano 2006 cando tiña 254.

Lugares
     A Abeleira abrangue os lugares da Pena, O Val, A Cruz, A Carrola, As Seves, A Carballeira, A Ribada e A Agua Parada. 

     En Alén están A Petada, A Alén, A Chaira, A Eira de Abaixo, Os Durás, O Regueiro do Lago e Alá Diante.

      A Cabada inclúe O Cabo da Veiga, A Cabada e O Campo. 

       Correa abrangue A Moa, Fonte Da Vila, A Apa, A Ponte, A casa da Capela, O Carballo, A Eira de Baixo, e A Eira de Arriba.

     Doade inclúe A Costa, A do Rei, O Regueiro e O Cabo. 

      En Framia están A Laxa, O Castro e A Petada. Ricovanca.

Lugares de Xirazga
   A Abeleira, Alén, Correa, Doade, Framia, Ricovanca

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


sábado, 9 de marzo de 2024

CAPELA DE SANTA RITA - ARMESES - MASIDE

 CAPELA DE SANTA RITA

ARMESES

MASIDE

Armeses
     San Miguel de Armeses é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 260 habitantes, deles 110 eran homes e 150 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Lugares de Armeses
 
    A Casanova, Laiantes de Abaixo, Laiantes de Arriba, Listanco, O Outeiro, San Fiz, San Miguel, A Touza

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


viernes, 8 de marzo de 2024

CASA SINGULAR EN AS QUINTÁS - AS QUINTÁS - PIÑEIRO - MASIDE

 CASA SINGULAR DE AS QUINTÁS

AS QUINTÁS

MASIDE

 As Quintás
       As Quintás é un lugar da parroquia de Piñeiro no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño.

      Tiña 15 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 9 mulleres.

Piñeiro
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
      No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

     San Xoán de Piñeiro é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      No ano 2007 tiña 102 habitantes, deles 45 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xentilicio
      O seu xentilicio é piñeiriño.

Lugares de Piñeiro
     Piñeiro, As Quintás, San Baínto, San Paio, Sobreira


Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
      No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

CRUCEIRO EN PARDESOA - IGREXA DE SANTIAGO - PARDESOA - FORCAREI

 CRUCEIRO EN PARDESOA 

IGREXA DE SANTIAGO DE PARDESOA

PARDESOA

FORCAREI

 Pardesoa
      Santiago de Pardesoa é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

     Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 267 habitantes (148 mulleres e 119 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 318 habitantes. 


      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 191 habitantes, sendo 86 homes e 105 mulleres.

Lugares de Pardesoa

     Fixó, Pardesoa, A Portela de Lamas, Pousada, O Río, San Marcos, O Sisto.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
      A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei.

     Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.

     A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Situación
      Esta comarca de 450,39 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 7 de marzo de 2024

IGREXA DE LONGOSEIROS - LONGOSEIROS - O CARBALLIÑO

 IGREXA DE LONGOSEIROS

LONGOSEIROS

O CARBALLIÑO

 Longoseiros
     Santa Mariña de Longoseiros é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE en 2013 tiña 159 habitantes (70 homes e 89 mulleres), 24 menos ca en 1999.

Lugares de Longoseiros
      
Enfesta, Godás de Cima, Godás do Río, Longoseiros, Ponterriza

O Carballiño
     O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O xentilicio é carballiñés.

Xeografía
     Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao.

      Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.


Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.


Parroquias
     Arcos (Santa María), Banga (Santa Baia), O Barón (San Fiz), Cabanelas (San Xoán), O Carballiño (San Cibrao), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madarnás (San Tomé), Mesego (Santa María), Mudelos (Santiago), Partovia (Santiago), A Piteira (San Miguel), Ponte Veiga (San Lourenzo), Sagra (San Martiño), Señorín (San Roque), Seoane de Arcos (San Xoán)

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA