jueves, 7 de marzo de 2024

IGREXA DE SAN MIGUEL DE LEBOSENDE - LEBOSENDE - LEIRO

 IGREXA DE SAN MIGUEL DE LEBOSENDE

LEBOSENDE

LEIRO

Lebosende
     San Miguel de Lebosende é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 153 habitantes, deles 77 eran homes e 76 eran mulleres, isto supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2002.

Lugares de Lebosende 
     Eira de Mouros, A Fervenza, A Groba, Lebosende, Osebe, Ribeira

Leiro
       Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

     Segundo o Padrón municipal, en 2022 tiña unha poboación de 1.522 habitantes. 

Historia
       Xa no século VI existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia.

     No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado coa desamortización de Mendizábal.

       Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Patrimonio
      No concello atópase o mosteiro de San Clodio, do século VI, que na actualidade funciona como hotel-monumento de catro estrelas.

      A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI).

      A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.

Patrimonio natural
     Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.

Parroquias de Leiro    
     Berán (San Breixo), Bieite (Santo Adrao), Gomariz (Santa María), Lamas (Santa María), Lebosende (San Miguel), Leiro (San Pedro), Orega (San Xoán), San Clodio (Santa María), Serantes (San Tomé)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


miércoles, 6 de marzo de 2024

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SAGRA SAGRA - O CARBALLIÑO

 IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SAGRA

SAGRA

O CARBALLIÑO

Igrexa de San martiño de Sagra

     Igrexa de estilo barroco construída en boa cantería. Posúe unha nave e unha capela maior que sobresaen en altura, con contrafortes angulares ao igual que a fachada. Ábsida cadrada.

      A fachada ten unha portada alintelada con tímpano recto sobre pilastras acanaladas. Dobre frontispicio sobre o que aparece un sinxelo campanario e columnas de corte clásico en relevo.

       No interior hai un retablo maior do século XVII coas estatuas do patrón San Martín, a Asunción e outros santos e evanxelistas.

Sagra
      San Martiño de Sagra é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (63 mulleres e 49 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Lugares de Sagra
       Bouteiro, A Carpaceira, Corval, A Fraga, Lebozás, Miomás, Penedo, A Reguenga, Sagra, A Seara, Trigás

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

       Toma o nome da súa vila principal.

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTO ANTONIO DE CORTEGAZAS - CORTEGAZAS - AVIÓN

 IGREXA DE SANTO ANTONIO

CORTEGAZAS

AVIÓN

Cortegazas
     Santo Antonio de Cortegazas é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.

     Segundo o INE en 2015 tiña catro habitantes (un home e tres mulleres), os mesmos ca en 2010. No 2000 (INE), tiña 16 habitantes.

Lugares de Cortegazas
      Cortegazas

Avión
       Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes. O xentilicio é avionés.

Xeografía
      Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

      É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

      A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

      O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. 

        Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.

Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.  

 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DE SEÑORÍN - SEÑORÍN - O CARBALLIÑO

CRUCEIRO PETO DE SEÑORÍN

SEÑORÍN

O CARBALLIÑO

 Señorín
      San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño.

      Segundo o IGE en 2021 tiña 446 habitantes (237 mulleres e 209 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 82 persoas en relación ao ano 1999, cando tiña 364 habitantes.

Xeografía
      Está situada a uns 800 metros da capital do concello. Os seus lindes están establecidos polo regato Carrás.

       O edificio do ambulatorio e do PAC que se ocupa da poboación do concello atópanse nos seus terreos, ademais da Casa de Facenda, o cemiterio do concello e o IES nº1 do Carballiño (un dos dous institutos públicos do concello, xunto co IES Chamoso Lamas, de Mesego).

     É unha parroquia que se atopa en pleno crecemento urbanístico debido á súa proximidade coa vila principal, O Carballiño, pero a inmensa maioría das súas vivendas son unifamiliares.

     A súa altitude media é duns 400 metros.

Historia
      Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía a veciña de Partovia e esta parroquia.

     Nela fundouse a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño, establecéndose nela a casa do concello do Carballiño durante varios anos.

Festas
     As festas patronais son na honra da Virxe do Carme e cadran sempre o seguinte domingo á festividade da mesma.

Lugares de Señorín 
      Centeás, A Pena, Señorín, O Tellado, O Torrón

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA