A piques de rematar o ano 2023 e como ven sendo normal facemos balance do blog
WWW.XOANARCODAVELLA.COM.
Contento de seguir poñendo un traballo diario, este ano seran 365 entradas, e tamen feliz de disfrutar da vosa compañia, e de poder axudar a mostar Galicia
Chegamos no 2022 a un total de 352.438 visitas este ano e alcanzamos un total de mais de 4.998.207
Visitáronnos dende 158 paises o longo do tempo, unha chea de lugares que desexamos gozaran de Galicia.
O numero de seguidores nas redes sociais superou os 34.452 amigos e amigas, moitisimas grazas a cada un por acompañarne....GRAZAS
Quero agradecervos a axuda prestada e o voso tempo para poder chegar tan lonxe e espero contar convosco o proximo ano 2024.
Grazas por acompañarnos este ano, vos sodes o motivo que me impulsan a traballar cada día máis e si pode ser mellor, e seguir facendo mais cada día.
Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo, davos unha aperta a cada un de vos.
Petos de Ánimas Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.
Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.
Segundo Castelao: "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".
A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.
A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.
Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.
O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.
Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes: - Estructura arquitectónica básica. - Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira). - Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).
O Barón San Fiz do Barón é unha parroquia que se localiza no sur do concello do Carballiño na provincia de Ourense.
Segundo o IGE en 2014 tiña 63 habitantes (33 mulleres e 30 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación.
Forma parte da parroquia eclesiástica do Barón que está formada polos 12 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de San Amaro.
O Carballiño O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O seu xentilicio é carballiñés.
Xeografía Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.
Historia A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira.
Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.
A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.
Festas Festa do polbo - 2º domingo de agosto Festas de setembro
Comarca do Carballiño A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.
Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.
Poboación No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.
Lugares do Barón O Barón Pequeno, Bifós, Cabana, O Campo, Cima de Vila, Covela, Elfe, Fonteantiga, Lodeiro, Sarandín, Souto, A Veiga
Parroquias do Carballiño Arcos (Santa María), Banga (Santa Baia), O Barón (San Fiz), Cabanelas (San Xoán), O Carballiño (San Cibrao), Lobás (Santa Ouxea), Longoseiros (Santa Mariña), Madarnás (San Tomé), Mesego (Santa María), Mudelos (Santiago), Partovia (Santiago), A Piteira (San Miguel), Ponte Veiga (San Lourenzo), Sagra (San Martiño), Señorín (San Roque), Seoane de Arcos (San Xoán)
Labruja Labruja e unha fregresia portuguesa do concello de Ponte de Lima, con 16,73 km² de superficie e 482 habitantes (2001). Sua densidade de poboación e de 28,8 hab/km².
Ponte de Lima Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.
É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 fregresías. O municipio limita o norte co concello de Paredes de Coura, o leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, o sueste con Vila Verde, o sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e o noroeste con Vila Nova de Cerveira.
Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos.
Recibiu Carta foral de Dona Teresa o 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.
Toponimia O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.
Historia A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte.
Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.
A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio.
Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.
A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar.
Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.
Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual.