martes, 21 de noviembre de 2023

ADEA PERDIDA DE SILVAESCURA - SOUTELO DE MONTES - MADSNELA DE MONTES - FORCAREI

 ALDEA PERDIDA DE SILVAESCURA

SOUTELO DE MONTES

MADANELA DE MONTES

FORCAREI

Aldea de Silvaescura
      Recentemente iniciouse a escavación da aldea perdida de SIlvaescura, situada nos limites entre o monte de Soutelo de Montes e o de Trasdomonte da que só permanecen dúas estruturas a vista.

       Coñécense poucas referencias históricas documentadas desta aldea. A máis importante e a da redención dos foros da aldea de as Codesás ao convento de Aciveiro, documento datado de 1624.

     Son tamén referencia da historia deste lugar a toponimia do entorno, Su Casa, Silva Oscura, Camiño da Brea(referencia ao tránsito de actividade comercial cos mosteiros e Compostela).

      Co obxectivo de poñer en valor estes traballos estanse levando a cabo visitas guiadas por parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Soutelo de Montes
     Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei.

     É a segunda de maior poboación deste concello.

Demografía
     Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que o ano anterior.

Historia
      No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada. Os xuíces-meriños tiveron que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até as xurisdicións especiais seren abolidas en 1811.

      Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes. Formaban parte del as freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras.

     En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, aínda que entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

Festas e celebracións
    Festa do cogomelo, en novembro.
    Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, o 18 de agosto de 1973.

Infraestruturas
      A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra.


A Madanela de Montes
     Santa María Madanela de Montes é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 578 habitantes, sendo 272 homes e 306 mulleres.

Patrimonio
     No IES Chano Piñeiro consideraron a posibilidade de que a orixe do topónimo puidese ser orixinalmente medanela diminutivo de meda. 

     A igrexa parroquial inaugurouse en 1964.

Lugares da Madanela de Montes
      Ameixeiras, Os Codesás, A Graña, A Madanela, San Xusto, Sanguñedo, Soutelo de Montes, Trasdomonte, Ventosela

Parroquias de Forcarei     
      Aciveiro (Santa María), Castrelo (Santa Mariña), Dúas Igrexas (Santa María), Forcarei (San Martiño), A Madanela de Montes (Santa María Madanela), Meavía (San Xoán), Millarada (San Amedio), Pardesoa (Santiago), Pereira (San Bartolomeu), Quintillán (San Pedro), San Miguel de Presqueiras (San Miguel), Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña), Ventoxo (San Nicolao)

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Concello de Forcarei

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 20 de noviembre de 2023

PETROGLIFO DE FORCADELA - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 PETROGLIFO OUTEIRO DA FORCADELA

TOURÓN

PONTE CALDELAS

 “Outeiro da Forcadela”
     Estación na que destaca un petroglifo con 2 círculos concéntricos repletos de cazoletas.

      Está situada en fronte do centro arqueolóxico e desde alí podes divisar o percorrido do parque.

       O concello de Ponte Caldelas presenta numerosos recursos rupestres. Os máis significativos están na parroquia de Tourón onde se atopa un dos complexos de arte rupestre ao aire libre mais singulares do territorio galego, a Área arqueolóxica de Tourón, un recinto de máis de 150.000 metros cadrados que nos permite visitar cinco estacións con gravados nunha ruta de grande beleza paisaxística.

       A área Arqueolóxica do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Estes gravados rupestres representan unha gran variedade de motivos que van desde as combinacións xeométricas ata as habituais escenas de caza.

       Desde o punto de vista compositivo podemos diferenciar a existencia de petroglifos sinxelos, como os círculos de Outeiro dá Forcadela, e outros extraordinariamente complexos, como o gran panel de Laxe dás Cruces, que contén un numeroso e heteroxéneo conxunto de motivos xeométricos e naturalistas, ou a gran escena de caza gravada en Naval de Martiño.

        Para visitar o recinto ir provisto de roupa abrigo e calzado cómodo, xa que estamos nunha zona de montaña. Recorda que a luz do amencer e do atardecer reforza a percepción dos surcos.

Tourón
     Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.115 habitantes (533 homes e 582 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Xeografía e patrimonio
       Esta parroquia é a máis próxima a Pontevedra e linda con ese concello na parroquia de Marcón. Está atravesada pola estrada PO-532, tramo da antiga C-531.

      Hai varios petróglifos da Idade de Bronce, nos que predominan figuras animais (cabalos e cervos), circulares e cornixas.

       Na parroquia está o polígono industrial da Reigosa, anexo ao polígono industrial do Campiño. O punto de maior elevación é o monte do Pé da Moa, de 595 metros.

Lugares de Tourón
     Buchabade, Contixe, Mirón, A Reigosa, Tourón, Vilarchán

MAPA

 

Fuente: Web Terras de Pontevedra

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 19 de noviembre de 2023

RESTOS DE CRUCEIRO DE ÁNIMAS - CAPELA DE SAN CAETANO - ALBA

RESTOS DE CRUCEIRO DE ÁNIMAS

CAPELA DE SAN CAETANO

ALBA

San Caetano
     San Caetano é un lugar da parroquia de Alba no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 80 habitantes (37 homes e 43 mulleres).

Lugares de Alba
   
   A Devesa, Guxilde, Lampreeira, Pontecabras, Reariz, San Caetano, Touceda

Alba
     Santa María de Alba é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 707 habitantes (339 homes e 368 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un progresivo descenso en relación ao ano 2010 cando tiña 825 habitantes; ao ano 2008, con 850; e ao ano 2004, cando eran 865 veciños.

     Ata 1868, data de adhesión ó concello de Pontevedra, era un concello de seu, abranguendo tamén as parroquias de Verducido, Cerponzóns e Lérez.

Lugares de interese
      Nesta parroquia está a Xunqueira de Alba, de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do río Rons.

      Pola parroquia pasaba a vía XIX romana, e aquí atopouse un miliario dedicado ó emperador Caracalla. Como zona de paso da vía portuguesa do Camiño de Santiago, o lugar de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos, como a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Compostela para pregar polo seu defunto marido.

     A igrexa parroquial de Santa María, situada no lugar de Touceda [, é de estilo neoclásico-barroco, construída en 1595 por mandato do bispo Xoán de San Clemente, sendo o mestre de obra Mateo López. O anterior templo fora consagrado por Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo. Ao seu carón está a casa reitoral, de estilo barroco.

       Na parroquia hai outros templos menores, como a capela de san Caetano (s. XVIII), e a capela da Devesa (s. XIX). Alba acolle numerosos cruceiros, un deles recollido na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao.

      A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


CRUCEIRO DE TOUCEDA - TOUCEDA - ALBA

 CRUCEIRO DE TOUCEDA

TOUCEDA

ALBA

Cruceiro de Touceda

     Cruceiro na beira do camiño portugués a Santiago de Compostela.

     Ten plataforma dun chanzo cun dente de dragón en cada esquina, unidos todos eles, un a un, por unha cadea.

     O pedestal ten unha orixinal forma de tronco de árbore cortada a pouca altura do chan.

     O varal, con idéntico estilo, amosa forma de tronco de árbore coas súas pólas podadas.

     Na súa altura media, e no anverso, atopamos a imaxe de Santiago Apóstolo.

     O capitel ten volutas nas esquinas con cunchas de vieira entre elas, en cada cara, e remata nun ábaco circular.

     Cruz latina irregular con Cristo crucificado no anverso, e virxe orante cun manto que lle chega aos pés sobre peana no reverso.

Touceda
      Touceda é un lugar da parroquia de Alba no concello de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. 

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 124 habitantes (51 homes e 73 mulleres).

Lugares de Alba
     A Devesa, Guxilde, Lampreeira, Pontecabras, Reariz, San Caetano, Touceda

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA