ANTIGUA FABRICA DA LUZ
DE
AS ERMITAS
AS ERMITAS
O BOLO
Río Bibei
O río Bibei é un afluente do Sil pola esquerda da súa marxe, que a súa vez é un afluente do Miño pola súa marxe esquerda.
O seu percorrido de 97 km transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo. A superficie da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 1.561 km².
Fontes
O Bibei nace no concello de Porto, a partir da union de dous arroios da ladeira setentrional do Moncalvo (2.044 m) co regato de Piatorta, a 1.590 m de altitude. Este regato provén dunha golada entre o alto do Torno (Serra Segundeira) e os contrafortes meridionais de Pena Trevinca (Serra do Eixe), na cal se sitúan as pequenas lagoas de Piatorta ou Piornais.
Esta paraxe, a 1.870 m, separa a vertente do Bibei (cara ao oeste, que forma parte da conca do Sil-Miño) e a vertente do Tera (cara ao leste, na conca do Esla-Douro).
Percorrido
Baña inicialmente parte da comarca zamorana da Seabra, onde atravesa a localidade de Porto. Logo de marcar un sentido N-S, pouco despois desta última localidade vira cara ao norte, formando unha ampla elipse. Cruza partes das comarcas ourensás do Bolo e Trives, ata unirse ao Sil, pola esquerda, case en fronte de Montefurado, xa na provincia de Lugo.
Así o Bibei percorre os municipios de Porto, Viana do Bolo, O Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives, todas en Ourense, e Ribas de Sil e Quiroga en Lugo.
No seu tramo final serve de linde entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga.
Afluentes
Os afluentes máis importantes, pola esquerda, son o Camba, que se lle xunta en Viana do Bolo, o Conso, o San Miguel e o Navea. O Xares é o máis importante pola dereita. Todos eles dentro da Galiza.
Réxime hídrico
O Bibei é o maior do ríos galegos que mostra un réxime de tipo pluvio-nival. Isto é debido ao carácter montuoso da súa cunca, que atinxe o punto máis alto na Pena Trevinca, con 2.127 msnm, onde nace o río Xares.
Historia
A Vía Nova, ou Vía XVIII, a calzada romana que unía Braga con Astorga. Atravesa o Bibei no linde entre os concellos de Trives e Quiroga.
Nese punto construíuse a denominada Ponte do Bibei, unha ponte romana erguida en época de Traxano, que constitúe un dos mellores exemplares de enxeñería viaria antiga conservado na Galiza.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA