ESTACIÓN DE CESURAS
CESURAS
OZA CESURAS
Estación de Cesuras
Cesuras é unha estación de tren de Adif situada na vila do Forte, no concello de Oza-Cesuras.
Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
A estación atópase no punto quilométrico 509,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Piñoi e Oza dos Ríos.
O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.
A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.
Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma.
Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na recien creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA