jueves, 4 de agosto de 2022

BASILICA DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO - FOZ

BASILICA DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO

FOZ

Basílica de San Martiño de Mondoñedo
     A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica situado na Mariña Lucense, sé do bispado de Mondoñedo durante moitos anos, que se atopa en bo estado de conservación.

     Atópase na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, concello de Foz, no norte da provincia de Lugo. Na actualidade, amais de estar aberta ó culto, alberga no seu interior un museo.

     Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sé de dous bispados do Reino de Galicia, un trasladado desde Dumio, no distrito de Braga (Portugal), e outro trasladado desde Bretoña, na provincia de Lugo.

      O edificio actual é románico de finais do século XI e os recios contrafortes son obra do século XVIII. Desde o ano 1931 está catalogada como BIC e no 2007 obtivo a categoría de basílica.

     Ó lado da basílica está a fonte da Zapata; segundo a lenda, neste lugar o bispo San Gonzalo tirou unha zapatilla e abrollou auga, auga que se considera que ten propiedades milagreiras.

Historia
     A historia desta sé comezou no século VI cando un grupo de cristiáns chegaron fuxindo dos anglosaxóns desde a provincia romana de Britania e establecéronse en Galicia.

      Fixaron a súa capital en Britonia e fundaron un bispado que chegou a ter grande influencia, participando regularmente nos Concilios de Toledo.

      O lugar deste bispado atopábase entre Meira e Mondoñedo, na provincia de Lugo, e adóitase identificar coa actual parroquia de Santa María de Bretoña, no concello da Pastoriza.

      Máis tarde, no ano 866, o bispado de Dumio tivo que abandonar a súa sé por causa da conquista musulmá refuxiándose nun lugar chamado Mendunieto, o lugar actual da Basílica, e que co tempo derivaría ó nome de San Martiño de Mondoñedo.

     Pero entre o ano 966 e o 971 os viquingos destruíron Bretoña e o bispado tivo que trasladarse ó que despois sería San Martiño de Mondoñedo, lugar ofrecido polo rei Afonso III para fundar un mosteiro e como sé episcopal dobre (dumiense de Dumio e britoniense de Bretoña) e cuxo primeiro bispo foi Sabarico.

      San Martiño foi capital até 1112 da terra dos bretoñeses. Investigacións recentes, baseadas en citas de diversas fontes, permiten supor que xa existía no lugar un vello mosteiro chamado Máximo.

      Despois do bispo Sabarico tivo esta sé outros 14 bispos entre eles a Rosendo (que sería San Rosendo, fundador do mosteiro de San Salvador de Celanova), durante os anos 923 a 942, e a Gonzalo Froilaz, a partir do 1071 até o 1112, bispo moi popular e tido por santo entre os fieis, que fora abade no mosteiro de Sahagún.

     Na parte sur da basílica consérvase o seu sepulcro, e no museo parroquial, e o seu anel pastoral de ouro, que ten unha pedra de cuarzo engarzada por catro cabeciñas de ave cuns brillantes nos ollos, cuxa inscrición di:
    Nolo esse datus neque venundatos.  Non quero ser regalado nin vendido.

      Tamén se atopa no museo o seu báculo, unha vara de madeira de 1,45 m unido a unha voluta de cobre dourado de 10 cm que termina nunha cabeza de animal. Conta a lenda que o bispo Gonzalo conseguiu cos seus rezos que fracasase unha incursión de piratas na ría de Foz.

      Posteriormente no ano 1112 a Raíña Urraca mandou trasladar a sé episcopal a Vilamaior do Val de Brea (ou Vilamaior de Brea), ou Valibria (ou Vallibria), e que co tempo cambiou o seu nome polo de Mondoñedo, en lembranza da antiga sé.

     Tras este traslado, en San Martiño foron substituídos, por bula do papa Hadrián IV, os primitivos monxes por cóengos regulares de San Agostiño que permaneceron até o 1534 en que o papa Clemente VII agregou este priorado á catedral de Mondoñedo, e ordenou que en San Martiño de Mondoñedo quedasen tantos clérigos como cóengos regulares de San Agostiño.

     Esta medida chegou desde Roma para evitar os abusos que os abades comendatarios viñan cometendo, xa que nos últimos anos o abade de San Martiño era tamén dignidade da catedral de León, elixindo esta cidade como residencia e descoidando por tanto as súas obrigacións no mosteiro, cuxos cóengos ó verse sen dirección viviron de maneira pouco ortodoxa.

     No ano 2007 esta igrexa, en bo estado de conservación e na que o culto relixioso está vivo, foi declarada basílica polo Vaticano. No 2008 durante unha campaña de restauración apareceron na bóveda sur da catedral un conxunto de pinturas murais datadas no século XII. O profesor Manuel Castiñeiras atribúe a súa autoría a Bernardo, tesoureiro de Diego Xelmírez e iluminador do Tombo A de Compostela.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



martes, 2 de agosto de 2022

ALCÁZAR DE SEGOVIA - CASTELO DE SEGOVIA - SEGOVIA

ALCÁZAR DE SEGOVIA

CASTELO DE SEGOVIA

SEGOVIA

 Alcázar de Segovia
     O Alcázar de Segovia, que data de principios do século XII, é un dos castelos medievais máis famosos do mundo e un dos monumentos máis visitados de España.​ 

     Polas súas estancias pasaron vinte e dous reis,​ ademais dalgúns dos personaxes máis destacados da Historia.

     O seu impoñente perfil levántase, maxestoso, sobre o val do Eresma e é símbolo da Cidade vella de Segovia, declarada Patrimonio Mundial da Unesco en 1985.

     Palacio e fortaleza dos Reis de Castela, a súa traza reflicte o esplendor da Corte durante o medievo, e os seus muros foron testemuñas de batallas, intrigas palaciegas, vodas reais e sucesos asombrosos. 

    Na sua milenaria existencia, o Alcázar foi castro romano, fortaleza medieval, palacio real, custodio do tesouro real, prisión de estado,​ Real Colexio de Artillería e Arquivo Xeral Militar.

     O castelo segoviano é un dos exemplos máis notables de fortaleza militar do século XII e un caso único na historia da arquitectura española e europea, castelo e residencia real, cal o seu apelativo indica: "alcáçar", co que xa se lle coñece en 1135, reinando Alfonso VII o emperador.

     A voz Alcázar, do árabe alqasr, serve para definir unha residencia real fortificada, tal como xa nolo indica o Dicionario da Lingua Castelá, na súa primeira edición de 1870: "Llamáronse así antigamente os palacios dos Reies, e grandes señores, porque todos eran fortes".

     O coronel de Artillería Eduardo de Oliver-Copóns deixou escrito en 1916 que o Alcázar é «o modelo perfecto dos fantásticos castelos descritos nos seus romances de viaxes polos enxeñosos trobadores que errantes cruzaban todas as comarcas en busca da dama digna, polas súas perfeccións, de ocupar o seu pensamento e namorar o seu corazón, para aos pés do amurallado recinto onde se encerraba, cantar os seus trovas e tañer os seus cítaras».

     Orson Welles utilizouno en Badaladas a medianoite, e é común ademais a crenza de que o seu contorno esvelto e elegante foi unha das inspiracións que usou Walt Disney para o seu castelo da Cincenta, que á súa vez se converteu na famosa icona das películas da compañía Disney.

     Actualmente, o Alcázar de Segovia é un dos monumentos de Europa que máis interese suscita. 

     A súa xestión é un exemplo único en materia de difusión e conservación do patrimonio histórico e artístico, coa vantaxe de que as visitas xeran os ingresos suficientes como para garantir o mantemento, a seguridade e salvagárdaa dun legado histórico que impresiona.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



FARO VELLO DE SILLEIRO - CABO SILLEIRO - RÍA DE VIGO

FARO VELLO DE SILLEIRO

CABO SILLEIRO

RÍA DE VIGO

     Na estrada que une A Guarda con Baiona, atopamos, xa preto desta ultima poboación un desvío que ascende cara ao Faro Silleiro.

     Alí, a uns 85 metros sobre o nivel do mar, apreciaremos unhas impresionantes vistas da bocana da Ría de Vigo, co Cabo Silleiro no extremo máis próximo e o Cabo Home no máis afastado. 

     Tamén teremos vistas impresionantes das ''Illas Cies''.  Dente o faro e vendo cara o mar podese ver o antigo faro sustituido no 1866 por o actual.

Cabo Silleiro
     O cabo Silleiro, é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.


Faro
     O Faro de cabo Silleiro, construído en 1866, ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.

Instalacións militares
     Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4, con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillería Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.

     A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. 

     As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.

Naufraxios
     Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

CITANIA DE BRITEIROS - GUIMARAES

 CITANIA DE BRITEIROS

BRITEIROS

GUIMARAES

 Citania de Briteiros
     A citania de Briteiros é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal.

     É unha das citanias máis características da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.

     As ruínas foron descubertas polo arqueólogo Martins Sarmento en 1875, sendo un dos primeiros castros escavados e estudados con métodos científicos .

Situación
     Sitúase no alto do monte de São Romão, nun macizo da Serra da Cabreira, na freguesía de São Salvador de Briteiros e parte na freguesía de São Bento de Donim, ambas no concello de Guimarães (a aproximadamente 15 km ao Noroeste desta cidade), no distrito de Braga. 

       Fica tamén preto dos santuarios do Sameiro e do Bom Jesus de Braga. O emprazamento está a unha altura sobre o nivel do mar de 336 metros


Descrición
     Consiste, basicamente, nos restos dun poboado amurallado. O sistema defensivo componse de tres murallas, con dous metros de ancho de media, e cinco metros de altura.

     A influencia da romanización no poboado, a partir do século I a. C., é evidenciada en numerosos vestixios, como inscricións latinas, moedas da República, do Imperio, fragmentos de cerámica importada (terra sigillata), vidros etc. 

     Revélase nesta cultura trazos da influencia indíxena no dispositivo topográfico do poboado, no trazado das murallas, na planta circular das casas, no proceso da súa construción e na decoración con motivos xeométricos.

     Un dos monumentos prerromanos máis curiosos é o coñecido como pedra formosa, un balneario, composto por unha pequena cámara redonda unida a un recinto cuadrangular. Os dous compartimentos dividíanse por unha estela de forma pentagonal, cunha pequena abertura no fondo para poder pasar dun lado para o outro. 

     Unha das cámaras servía para tomar baños de vapor, a outra para baños de auga fría. Durante algún tempo, pensouse que este tipo de edificacións foran algún tipo de edificio de carácter funerario.

     Outros monumentos do mesmo tipo foron identificados en diversos castros da antiga Gallaecia, en Barcelos, na citania de Sanfins.

     Como testemuño do primitivismo das orixes da citania de Briteiros atopáronse machados de pedra neolíticos ou de bronce inicial. 

      Por outro lado, as mámoas situadas nos arredores da citania e os gravados rupestres dos montes próximos mostran a existencia dunha cultura autóctona anterior á romana. Esta citania debeu ser definitivamente abandonada no século III.

      Interpretacións recentes permiten atribuír á Citania de Briteiros o papel de capital política dos Callaeci Bracari no inicio do século I d. C., onde se reuniría o respectivo "consilium gentis" na grande casa circular de banco corrido.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA