viernes, 1 de abril de 2022

PETO DE SANTA LUCIA - SALÓN - ALBARELLOS - BOBORÁS

 PETO DE SANTA LUCIA

SALÓN

ALBARELLOS

BOBORÁS

   Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE PONTE SAÍM - AMONDE - CAMINHA

 PETO DE PONTE SAÍM

AMONDE

CAMINHA

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN ANTONIO - A PONTE - LEIRO

 PETO DE SAN ANTONIO

A PONTE

LEIRO

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...    

MAPA
 
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 30 de marzo de 2022

AS BRANDAS

 AS BRANDAS

 Brandas
     Brandas son zonas dos montes altos, onde o gado atopa pastos frescos polo verán.

     O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gado ao monte durante os meses de xuño a setembro.

     É un termo empregado nas montañas de Ourense (Serra do Xurés) e na parte Portuguesa (Serra do Gerês e Serra do Soajo).

     O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gado e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês chámanlle brandas aos núcleos habitados temporarais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gado.

     As brandas son típicas do complexo sistema antigo da transhumanciada das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

     A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas. 

     No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brandas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brandas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gado a pastar. Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levabam até a moblaxe.

     As brandas están formadas polos pastos, valados, curros, cortellos para gado e algunha choza de paredes e cuberta de cachotaría de granito (normalmente con sollado), para as persoas

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 25 de marzo de 2022

LENDA DE SANTA BÁRBARA DE TOURÓN - TOURÓN - PONTE CALDELAS

 LENDA DE SANTA BÁRBARA DE TOURÓN

TOURÓN

PONTE CALDELAS

A lenda de Santa Bárbara de Tourón

     Pasou en Tourón, parroquia de Santa María de Tourón, concello de Pontecaldelas (Pontevedra).

     Na chamada Fonte Santa apareceu enterrada unha imaxe en pedra de Santa Bárbara. Os veciños levárona para o interior da igrexa pero o día seguinte a imaxe volveu a aparecer na fonte. Os veciños metérona na igrexa outra vez, mais a santa volvía a aparecer na fonte.

     A xente xa andaba coa mosca detrás da orella. Levaron a imaxe á igrexa de novo e propuxéronse gardala, pero esa noite houbo unha treboada como xa non se acordaba.

     Foi entón cando os veciños se decataron de que Santa Barbara quería estar preto da fonte, e acordaron poñela na parte traseira da igrexa de Tourón mirando á fonte.

     Isto pasou hai case trescentos anos e dende aquela a santa non se moveu máis, e aínda hoxe podedes vela na
igrexa de Tourón mirando cara á fonte.

MAPA

 

Fuente: Galicia Encantada

Texto: Jesús Martínez Lale, de Tourón

 

XOAN ARCO DA VELLA 

martes, 22 de marzo de 2022

PRESENTACIÓN DO CATALOGO DA EXPOSICIÓN " CAMIÑOS, O CAMIÑO E AS ARTES

 PRESENTACIÓN DO CATALOGO

"CAMIÑOS. O CAMIÑO E AS ARTES"

MUSEO DE PONTEVEDRA

     Presentación do catálogo da exposición 'Camiños. O Camiño e as Artes'

     Un recital de poesía con Ana Corzo, Carmen Quinteiro, Minerva ‘Niña Burbuja’ e Xaime Toxo, a actuación musical de Noelia Solleiro e a danza de Glau Fonseca centrarón mañá venres o acto de presentación do catálogo da exposición "Camiños".

      O Camiño e as Artes’, e unha mostra colectiva e multidisciplinar que reúne no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra as manifestacións culturais do Camiño Portugués a Santiago a través das obras de máis de trinta artistas e persoas creadoras de Galicia e Portugal.

      O catálogo recolle as obras da mostra, que pechará o vindeiro luns, e que é a décimoprimeira edición das exposicións  ‘Camiños’, caracterizas por unha concepción “ampla e participativa da cultura, na que as xentes do  Camiño poden realizar e participar en manifestación culturais como axentes activos, contando con artistas profesionais e afeccionados abarcando labores de distintos ámbitos creativos que se realizan ao pé do Camiño Portugués”.

      Nesta ocasión no edificio Sarmiento pódense contemplar obras de representantes da pintura luso-galaica como Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader, ou Rafael Úbeda, pintor e músico. Tamén haberá unha parte de escultura a cargo de Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; outro apartado de artesanía no que haberá pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesá Joaquim Esteves.

     No proxecto, a creación musical tamén ten o seu protagonismo con iniciativas e actuacións da cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, e a vocalista Noelia Solleiro e o bailarín Glau Fonseca no día de mañá. A escrita será outra das artes incluídas na mostra, a cargo da escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo. Seguirá outro apartado visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.

      A exposición está comisariada por Celestino Lores, responsable da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, entidade que dende a súa creación en 1993 pretende traballar en pro da revitalización impulsión e recuperación e promoción dos Camiños Portugueses a Santiago. 

     Dende 2010 a asociación leva a cabo a exposición internacional ‘Camiños’ co obxecto de espallar os distintos aspectos paisaxísticos, culturais, turísticos e gastronómicos por diferentes lugares de Galicia e Portugal no Camiño Portugués a Santiago.

MAPA

 

Fuente: zoompontevedra.

XOAN ARCO DA VELLA