Pasou en Tourón, parroquia de Santa María de Tourón, concello de Pontecaldelas (Pontevedra).
Na chamada Fonte Santa apareceu enterrada unha imaxe en pedra de Santa Bárbara. Os veciños levárona para o interior da igrexa pero o día seguinte a imaxe volveu a aparecer na fonte. Os veciños metérona na igrexa outra vez, mais a santa volvía a aparecer na fonte.
A xente xa andaba coa mosca detrás da orella. Levaron a imaxe á igrexa de novo e propuxéronse gardala, pero esa noite houbo unha treboada como xa non se acordaba.
Foi entón cando os veciños se decataron de que Santa Barbara quería estar preto da fonte, e acordaron poñela na parte traseira da igrexa de Tourón mirando á fonte.
Isto pasou hai case trescentos anos e dende aquela a santa non se moveu máis, e aínda hoxe podedes vela na igrexa de Tourón mirando cara á fonte.
Presentación do catálogo da exposición 'Camiños. O Camiño e as Artes'
Un recital de poesía con Ana Corzo, Carmen Quinteiro, Minerva ‘Niña Burbuja’ e Xaime Toxo, a actuación musical de Noelia Solleiro e a danza de Glau Fonseca centrarón mañá venres o acto de presentación do catálogo da exposición "Camiños".
O Camiño e as Artes’, e unha mostra colectiva e multidisciplinar que reúne no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra as manifestacións culturais do Camiño Portugués a Santiago a través das obras de máis de trinta artistas e persoas creadoras de Galicia e Portugal.
O catálogo recolle as obras da mostra, que pechará o vindeiro luns, e que é a décimoprimeira edición das exposicións ‘Camiños’, caracterizas por unha concepción “ampla e participativa da cultura, na que as xentes do Camiño poden realizar e participar en manifestación culturais como axentes activos, contando con artistas profesionais e afeccionados abarcando labores de distintos ámbitos creativos que se realizan ao pé do Camiño Portugués”.
Nesta ocasión no edificio Sarmiento pódense contemplar obras de representantes da pintura luso-galaica como Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader, ou Rafael Úbeda, pintor e músico. Tamén haberá unha parte de escultura a cargo de Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves, e Suso Balado; outro apartado de artesanía no que haberá pezas anónimas de Barcelos (Portugal), creacións da zoqueira Elena Ferro ou do artesá Joaquim Esteves.
No proxecto, a creación musical tamén ten o seu protagonismo con iniciativas e actuacións da cantante Begoña Lorenzo, o luthier César Loureiro Sobral, o músico Edelmiro Luis Mateo García, e a vocalista Noelia Solleiro e o bailarín Glau Fonseca no día de mañá. A escrita será outra das artes incluídas na mostra, a cargo da escritora e docente Carmen Quinteiro, a poeta e artista Minerva e o escritor Xaime Toxo. Seguirá outro apartado visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, e Xulio Gil, acompañados polo tamén fotógrafo e blogueiro Xoán Arco da Vella.
A exposición está comisariada por Celestino Lores, responsable da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago, entidade que dende a súa creación en 1993 pretende traballar en pro da revitalización impulsión e recuperación e promoción dos Camiños Portugueses a Santiago.
Dende 2010 a asociación leva a cabo a exposición internacional ‘Camiños’ co obxecto de espallar os distintos aspectos paisaxísticos, culturais, turísticos e gastronómicos por diferentes lugares de Galicia e Portugal no Camiño Portugués a Santiago.
Ata o día 1 Abril podese visitar na torre da Cadea Velha en Ponte de Lima a Exposición AS PONTES DO CAMIÑO PORTUGUÉS DE PORTO A SANTIAGO
A Fundación Camiño Portugués a Santiago en colaboración coa Federación Internacional de Asociacions do Camiño Portugués de Santiago organiza a Exposición As Pontes do Camiño Portugués de Porto a Santiago.
O Camiño Portugués a Santiago naceu unido as Pontes da que os Peregrinos foron os grandes beneficiarios para atravesar os cursos de auga, sempre foi un gran problema, principalmente durante o inverno, cando estes sufrian de grandes enchentes.
O Camiño Portugues especialmente no Norte de Portugal e no Sur de Galicia, foi unha das vias de comunicacion mais importantes entre estes dous pobos
Foi dende seculos Via Militar no Imperio Romano, despois de moita importancia nas peregrinacions a Compostela e como via comercial.
Na parte Portuguesa o camiño atravesa rios tan importantes como o Douro, Leca, Ave, Cávado,Lima, Coura ata e o Rio Miño que fai fronteira entre Galicia e Portugal.
Na parte de Galicia "España" atravesa o Rio Louro, San Simón, Verdugo, Lérez, Umia, Ulla, Tinto e o Sar.
Todos eles xunto con alguns regatos recollense na Exposicion de Xoan Arco da Vella.
Dada a importancia de esta ruta o longo da historia, que recorreron Santos, Reises, estadistas e milleiros de persoas, foron os promotores da conservacion e da construcion de estas pasos e a reconstrucion e mantemento de outras, de orixen romano ou medievais.
O Paso de grandes rios esixiu de grandes obras, como a Ponte de D. Luis ou a ponte internacional de Tui e a reconstrucion de outras de orixen romano como a de Ponte de Lima, Pontesampaio, Ponte do Burgo en Pontevedra ou a de Pontecesures..
Mais tarde outras mais sinxelas pero non menos importantes foron contruidas para atravesar rios mais pequenos como a Ponte de Rubiaes, Zameiro, Bermaña ou o Sar sen esquencer a Ponte das Febres ou o Río Ullo.
Todas esta fotos podense ver na Exposicion CAMINHOS, AS PONTES A COMPOSTELA de Xoan Arco da vella.
Meu agradecemento a A Fundación Camiño Portugués a Santiago en colaboración coa Federación Internacional de Asociacions do Camiño Portugués de Santiago, a Camara Municipal de Ponte de Lima a Maria e Luz por poder facer e mostar este traballo, sen eles non seria posible....Gracias
O venres día 18,as 19 horas tera lugar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra "Edificio Castelao" a presentación do catálogo da Exposición CAMIÑOS, O CAMIÑO E AS ARTES, que permanecera aberta ata o día 21.
Despois do peche en Pontevedra a exposicion fara un recorrido que a levara durante todo ano a diferentes cidades de Portugal, das que datremos cumplida información.
CAMIÑOS, O CAMIÑO E AS ARTES, esta organizada pola Asociación de Amigas e amigos do Camiño Portugués a Santiago e esta Comisariada por o seu presidente Tino Lores, e na que traballaron un numero importante de xente da asociación.
No acto deste 18 de Marzo habera un recital poetico a cargo de Carmen Quinteiro, Xaime Toxo y la poetisa Minerva, a parte musical sera de Amalia Solleiro e a danza e da bailarina Glau Fonseca
OS ARTISTAS QUE PARTICIPAN NA EXPO. Os artistas profesionais e afeccionados abarcal distintos ámbitos». Entre los nombres propios de la pintura luso-galaica, los de Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Dios, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri del Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou tamen o músico Rafael Úbeda.
Además, habera unha representación do arte escultórico con Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves y Suso Balado, así como un apartado de artesanía con pezas de Barcelos y creacions da zoqueira Elena Ferro e Joaquim Esteves. Además, das creacions musicais serán a cargo de Begoña Lorenzo, Edelmiro Luis Mateo García, Noelia Solleiro o el luthier César Loureiro Sobral, y de danza a través de Glau Fonseca.
A escritura estará representada por Carmen Quinteiro, Xaime Toxo a poetisa Minerva, e no ámbito visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, Xulio Gil, eo bloguero Xoán Arco da Vella.
Rubiás Rubiás é un lugar da parroquia de Rubiás dos Mixtos no concello de Calvos de Randín.
Tiña 94 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 45 eran homes e 49 mulleres.
Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 95 habitantes (45 homes e 50 mulleres).
Segundo o INE no ano 2007 tiña 97 habitantes (47 homes e 50 mulleres), o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.
Xunto con Santiago e As Maus conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Rubiás dos Mixtos Santiago de Rubiás dos Mixtos é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.
No ano 2007 tiña 162 habitantes (85 homes e 77 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.
A parroquia de Rubiás dos Mixtos xunto co lugar das Maus da parroquia de Tosende no concello de Baltar, conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Caminha Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.
É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesias.
O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co Océano Atlántico.
Freguesías O concello de Caminha está formado por vinte freguesias, agrupadas en dous grandes vales: o Vale do Coura e Minho e o Vale do Âncora.
Vale do Coura e Minho Formado polas localidades de: Arga de Baixo Arga de Cima Arga de São João Argela, Azevedo Caminha-Matriz Cristelo Dem Lanhelas Moledo do Minho Seixas Venade Vilar de Mouros Vilarelho
Vale do Âncora As súas freguesías son: Âncora Gondar Orbacém Riba de Âncora Vila Praia de Âncora Vil