sábado, 12 de marzo de 2022

CAPELA DE SAN ANTONIO - CAMINHA

 CAPELA DE SAN ANTONIO

CAMINHA

 Caminha
     Caminha é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con preto de 2.500 habitantes.

      É sede dun municipio con 129,66 km² de área e 17.069 habitantes (2001), subdividido en 20 freguesias.

     O municipio limita ao nordeste co de Vila Nova de Cerveira, ao oeste co de Ponte de Lima, ao sur co de Viana do Castelo, ao norte con Galiza e ao oeste co Océano Atlántico.

Freguesías
     O concello de Caminha está formado por vinte freguesias, agrupadas en dous grandes vales: o Vale do Coura e Minho e o Vale do Âncora.

Vale do Coura e Minho
Formado polas localidades de:
    Arga de Baixo
    Arga de Cima
    Arga de São João
    Argela, Azevedo
    Caminha-Matriz
    Cristelo
    Dem
    Lanhelas
    Moledo do Minho
    Seixas
    Venade
    Vilar de Mouros
    Vilarelho

Vale do Âncora
As súas freguesías son:
    Âncora
    Gondar
    Orbacém
    Riba de Âncora
    Vila Praia de Âncora
    Vil

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DE AGUALONGA - AGUALONGA - PAREDES DE COURA

 PONTE DE AGUALONGA

AGUALONGA

PAREDES DE COURA

 Agualonga
     Agualonga e unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, con 4,14 km² de área y 284 habitantes (2001).

     A densidade de poboacion e de: 68,6 h/km².


Paredes de Coura
      Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.

      É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 21 freguesías.

     O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.


As freguesías de Paredes de Coura son as seguintes:

    Agualonga
    Bico
    Castanheira
    Cossourado
    Coura
    Cristelo
    Cunha
    Ferreira
    Formariz
    Infesta
    Insalde
    Linhares
    Mozelos
    Padornelo
    Parada
    Paredes de Coura
    Porreiras
    Resende
    Romarigães
    Rubiães
    Vascões

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DE RUBIAES - RÍO COIRA - PAREDES DE COIRA

 PONTE DE RUBIAES

RÍO COIRA

PAREDES DE COIRA

 Ponte Romano-Medieval de Rubiãés
   Ponte construída na segunda metade do século XVIII polo legado do Pai Joãou Soares Brandãou atopase nunha contorna rural bucólica e armoniosa, no entorno do Río Coura.

     Ten un taboleiro horizontal e rampa de construción granítica. Ten tres arcos perfectos, un deles máis grande.

     Caracterízase por presentar uns buracos para facilitar o escurrimiento da auga nas enchentes do río.

     Durante a segunda metade do século XX fixeronse obras de restauración para consolidalo.

Rubiães
     Rubiães es unha fregresia portuguesa del concello de Paredes de Coura, con 8,95 km² de superficie e 548 habitantes (2001). A sua densidade de poboación e de 61,5 hab/km².

Paredes de Coura
     Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.500 habitantes.

    É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 21 freguesías. 

     O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.

As freguesías de Paredes de Coura son as seguintes:
    Agualonga
    Bico
    Castanheira
    Cossourado
    Coura
    Cristelo
    Cunha
    Ferreira
    Formariz
    Infesta
    Insalde
    Linhares
    Mozelos
    Padornelo
    Parada
    Paredes de Coura
    Porreiras
    Resende
    Romarigães
    Rubiães
    Vascões

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑOS EN VILAR - VILAR - RANDÍN - CALVOS DE RANDÍN

 MUIÑOS EN VILAR

VILAR

RANDÍN

CALVOS DE RANDÍN

 Vilar
     Vilar é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      Tiña 60 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 34 eran homes e 26 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres).

Randín
     San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

     No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

Historia
     Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Randín
     Paradela, Randín, Vilar, Vilariño

 Comarca da Limia
      A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. 

      A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

CULT - LAXEDO 2022 - LAXEDO - A LAMA

CULT - LAXEDO 2022

LAXEDO

A LAMA

     Dentro dos actos das xornadas culturais de Laxedo - A Lama vaise celebrar cunha mesa coloquio o día 23 de Abril onde se tratara a potencialidade da comarca no turismo rural do S.XXI.

     Tratando o tema estaran tres extraordinarios ponentes que misturan amor, sabedoria e conciencia por A Lama como Concello que ten todo para seren referencia do turismo de interior.

Os ponentes seran:
   Xoan Arco da Vella, ho
me todo terreo, activista, naturista, defensor do noso patrimonio cultural e paisaxistico sera un dos nosos ponentes.

     Manuel Angel Bugallo, Arquitecto paixasista, da parroquia de Xesta.
     Colaborador de revistas internacionais, premiado numerosas veces polos seus proxectos e un namorado de Laxedo e do traballo urbanista do Conde Cabanelas.

     Xose Henrique Silva, propietario da Casa do Mestre na Lama e xunto a sua dona Patricia, Xerente de Galicia Villas, empresa adicada o turismo rural.
     Coñecedor e amante do rural galego e implicado o maximo na sua promoción. Cabe subliñar que a Casa do Mestre foi o seu bautizo nesta industria fai 20 anos e podese decir que as suas casas figuran como casas singulares por medios internacionais.

     O meu agradecemento a Asociación vecinal de Laxedo polo convite para poder comportir tertulia con, Manuel e Henrique.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DE FRINXO - FRINXO - PAZOS DE REIS - TUI

 FERVENZA DE FRINXO

FRINXO

PAZOS DE REIS

TUI

Frinxo
     Frinxo é un lugar da parroquia de Pazos de Reis, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño.

     Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 78 habitantes (36 homes e 42 mulleres), un descenso de 27 habitantes respecto ao ano 1999.

Xeografía
       Frinxo forma unha aldea separada polo Alto dos Cubos do resto do conxunto habitado de Pazos de Reis.

Historia
       Na contorna de Frinxo houbo un castro galaico, coñecido localmente coma Castro do Castelo. Xa na Idade Contemporánea, Frinxo experimentou un certo crecemento que fixo que a aldea puidese dispor dunha capela propia, construída entre os anos 1856 e 1860 polo bispo tudense Maceira. Na actualidade esta capela é usada coma igrexa parroquial polos veciños.

    Nesta aldea hai varios elementos patrimoniais:
    Capela da Virxe das Dores: edificio relixioso do século XIX.
    Mina de auga de Frinxo.

Lugares de Pazos de Reis
     O Ánxel, Circos, O Eirado, Frinxo, Herdeiros, Muíños, A Poboanza, A Porteliña, Ricamonde, O Seixal

Pazos de Reis
     O Sagrario de Pazos de Reis é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.147 habitantes (547 homes e 600 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 1.127 habitantes, e 1999, con 1.142.

Historia
     Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Morgadáns (Gondomar) e Chenlo (O Porriño).

     En 1926 constituíuse nunha das nove entidades locais menores que existen en Galiza, tras vencer a resistencia dos veciños de Tui.

Comarca do Baixo Miño
     A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui.

       Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Situación
     A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA