jueves, 10 de marzo de 2022

SANTUARIO DE COUSO DE SALAS - COUSO DE SALAS - MUIÑOS

 SANTUARIO DE COUSO DE SALAS

COUSO DE SALAS

MUIÑOS

Santuario de Couso de Salas

      Santuario que se comezou a construír a comezos do século XIX coa grandeza e estilo de Santa Eufemia de Ourense, quedando sen concluír. 

      A tradición popular asegura que os franceses non se atrevían a pasar deste santuario. A arquitectura, malia estar inacabada, chegando a construción ata o arranque dos arcos da bóveda, mostra a grandiosidade coa que foi planificada. 

     O edificio constaría de tres naves, maior a central, comunicada coas laterais con arcadas e articulada con pilastras nas que se asenta o arranque de arcos formeros. A plana complétase con cruceiro e capelas a ambos os dous lados do presbiterio.

       O retablo maior organiza a súa iconografía en exaltación da Virxe, rodeada de anxos. A inspiración é a débeda coa obra de Domingo de Andrade no baldaquino da capela de San Cristo da catedral de Ourense, é patente nos dous grandes anxos que en posición inclinada simular soster sobre os seus ombros a pesada carga da estrutura de madeira.

     Consta o retablo dun corpo con fornela, que alberga a pequena imaxe da Virxe titular, entre columnas corintias, e relevos a ambos os dous lados da Anunciación e Asunción da Virxe.

Couso de Salas
     Santiago de Couso de Salas é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 147 habitantes, dos cales 75 eran homes e 72 mulleres.

Patrimonio
      A igrexa parroquial, do século XVII, ten unha nave con arco de triunfo sobre pilastras de aceso ao presbiterio e sancristía. O retablo, da mesma época, ten dous corpos, con base con relevos dos Evanxelistas pareados e ático coa Trindade.

      O santuario dos Miragres comezou a construírse a inicios do século XIX cunha arquitectura de grandes pretensións, pero ficou sen rematar. 

      No retablo maior, que repousa sobre a figura de dous grandes anxos, destaca a Virxe rodeada de anxos.

Comarca de Baixa Limia
      A comarca de Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

     Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

MAPA 

 

Fuente: Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

miércoles, 9 de marzo de 2022

CALVARIO DE VILARIÑO - VILARIÑO - RANDÍN - CALVOS DE RANDÍN

 CALVARIO DE VILARIÑO

VILARIÑO

RANDÍN

CALVOS DE RANDÍN


 Vilariño
     Vilariño é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

     Tiña 17 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 8 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Randín
     San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

     No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

Historia
     Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Randín
     Paradela, Randín, Vilar, Vilariño

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



IGREXA DE SAN PEDRO DE RATES - SAN PEDRO DE RATES - PÓVOA DE VARZIM

 IGREXA DE SAN PEDRO DE RATES

SAN PEDRO DE RATES

PÓVOA DE VARZIM


Igrexa de San Pedro de Rates

      A Igrexa de San Pedro de Rates é unha igrexa construída no século IX en San Pedro de Rates, no municipio de Póvoa de Varzim (Portugal).

     Foi reconstruída por Enrique de Borgoña en 1100, e está clasificada como monumento nacional.

        Constitúe un dos monumentos románicos medievais máis importantes do entón emerxente reino de Portugal, dada a relevancia das formas arquitectónicas e escultóricas.

       A Igrexa de San Pedro de Rates sitúase xunto á conca do río Ave e é un dos monasterios benedictinos clunicenses máis importantes.

     A súa historia está ligada á lenda de San Pedro de Rates, mítico primeiro bispo de Braga, primaz dás Espanhas (península ibérica), hipótese que se remonta ao século XVI.

Historia
      Reconstruída durante o periodo condal, no século XI, quedan deste periodo poucos vestixios, destacando as bases das columnas xunto á entrada principal e algúns capiteis.

      O edificio actual é resultado da refundación clunicense do século XIII, que se debeu á donación de Enrique de Borgoña e Teresa de León á Orde de Cluny.

      Ata 1552, gardaba o corpo de San Pedro de Rates, antes de ser transferido a Braga.

     San Pedro de Rates foi un bispo ordenado por Santiago o Maior e decapitado cando celebraba unha misa.

     Un eremita chamado Félix deu sepultura ao corpo mutilado e descomposto do bispo.

Caracterización arquitectónica
      É unha igrexa de tres naves e catro tramos, de falso transepto, que revela varias irregularidades na súa estrutura - como a diferente anchura das naves, o ritmo irregular dos alicerces ou a existencia de columnas encostadas - que reflicten o longo periodo de dúbidas e vacilacions constructivas ás que estivo suxeita.

      Na restauración foi destruída a que talvez fose a primeira experiencia de bóveda oxival en Portugal, no tramo que cubría o portal lateral sur.

      Todo o teito das naves é de madeira, sendo a cabecera abovedada. Esta foi a zona máis restaurada, destacando na súa forma semicircular as arquerías que decoran o exterior da capela maior, máis alta que os absidiolos.

      O acceso ao templo faise polo imponente portal axial de cinco arquivoltas e arcos de volta perfecta, inserido na fachada ligeramente asimétrica e contrafortada, no que destaca a decoración escultórica dos capiteis, e sobre todo do tímpano. 

       O conxunto escultórico deste templo é dos máis significativos do románico portugués.

     Vinculada o Cluny a través do mosteiro de Charité-sur-Loire, o seu programa iconográfico é moi ambicioso.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

martes, 8 de marzo de 2022

FERVENZA DE VILARIÑO - REGUEIRO DO MUIÑO VELLO - RANDÍN - CALVOS DE RANDÍN

 FERVENZA DE VILARIÑO

REGUEIRO DO MUIÑO VELLO

RANDÍN

CALVOS DE RANDÍN

Vilariño
     Vilariño é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

     Tiña 17 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 8 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Randín
     San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

     No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

Historia
     Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Randín
     Paradela, Randín, Vilar, Vilariño

Calvos de Randín
     Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia.

      Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio é calvense ou randinense.


Lugares de Calvos de Randín

     Calvos (Santiago), Castelaus (San Martiño), Feás (San Miguel), Golpellás (San Xoán), Lobás (San Vicente), Randín (San Xoán), Rioseco (Santa Mariña), Rubiás dos Mixtos (Santiago), Vila (Santa María)

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

lunes, 7 de marzo de 2022

PETO DE VILAR - VILAR - CALVOS DE RANDÍN

PETO DE VILAR

VILAR

CALVOS DE RANDÍN

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA