lunes, 7 de marzo de 2022

ANTIGUA ESTACIÓN DE PONTE TABOADA - ESTACIÓN - TABOADA - SILLEDA

 ANTIGUA ESTACIÓN DE PONTE TABOADA

ESTACIÓN

TABOADA

SILLEDA

 Estación da Ponte Taboada
     A Ponte Taboada é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Estación, parroquia de Taboada, no concello de Silleda, provincia de Pontevedra.

      Na actualidade ningún tren efectúa parada nesta estación, malia isto, foi recentemente restaurada e recuperada do paso do tempo.

Situación ferroviaria
       A estación atópase no punto quilométrico 325,242 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña a 383 metros de altitude, entre as estacións de Lalín e A Bandeira. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia
      A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño — Santiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña.

       A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

      Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexa unha torre de tres pisos.

      Conta con dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DA NOSA SEÑORA DAS NEVES - CORRELHA - PONTE DE LIMA

CAPELA DA NOSA SEÑORA DAS NEVES

CORRELHA

PONTE DE LIMA

 Correlhã
     Correlhã e unha fregresia portuguesa do concello de Ponte de Lima, con 8,04 km² de superficie e 3.068 habitantes (2001). A sua densidade de poboación e de 381,6 hab/km².

Ponte de Lima
     Ponte de Lima é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 2.800 habitantes. Está caracterizada pola súa arquitectura rústica e pola área envolvente, bañada polo río Limia.

     É sede dun municipio con 321,20 km² de extensión e 44.343 habitantes (2001), subdividido en 51 freguesías. O municipio limita ao norte co concello de Paredes de Coura, ao leste con Arcos de Valdevez e Ponte da Barca, ao sueste con Vila Verde, ao sur con Barcelos, ao oeste con Viana do Castelo e Caminha e ao noroeste con Vila Nova de Cerveira.

     Localidade moi importante desde a era romana, posúe un Pazo da Corte do Reino de León, documentado por achados arqueolóxicos e outros documentos escritos. Recibiu Carta foral de Dona Teresa en 4 de marzo de 1125, sendo a vila máis antiga de Portugal. É de aquí orixinario o coñecido queixo Limiano. Destaca polos seus xardíns.

Toponimia
     O nome vén claramente da ponte que cruza o río Limia, chamado en Portugal Lima. A finais da década de 1950, a vila debateu a designación a adoptar para o municipio: Ponte do Lima ou Ponte de Lima. Até 1982, os escritos da Cámara Municipal aínda referían Ponte do Lima e só despois pasou a Ponte de Lima.

Historia
     A vila posúe raíces profundas e lendas ancestrais dende épocas prerromanas. Foi a condesa Teresa de León quen o 4 de marzo de 1125, outorgou carta de foral á vila, referíndose á mesma como Terra de Ponte. Anos máis tarde, xa no século XIV, Pedro I, atendendo á posición xeoestratéxica de Ponte de Lima, mandou contruír a muralla, polo que o resultado final foi o dun burgo medieval cercado de murallas e nove torres, das cales aínda restan dúas, varios vestixios das restantes e de toda a estrutura defensiva de entón, facéndose o acceso á vila a través de seis portas.

      A ponte, que deu nome a esta terra, adquiriu sempre unha importancia de gran significado en todo o Alto Minho, sendo a única pasaxe segura do río Limia, en toda a súa extensión, até o final da Idade Media. A primitiva, da cal aínda resta un anaco significativo na marxe dereita do Limia, foi construída polos romanos e a medieval é un marco notábel da arquitectura, sendo un bo exemplo de beleza e equilibrio. Referencia obrigatoria en rutas, guías e mapas, moitos deles antigos, que describen a pasaxe por ela de milleiros de peregrinos cara a Santiago de Compostela e que aínda hoxe en día a atravesan coa mesma finalidade.

      A partir do século XVIII xorde a expansión urbana e con ela o inicio da destrución da muralla que abrazaba a vila. Comeza a prosperar, por todo o concello de Ponte de Lima, a opulencia das casas señoriais que a nobreza da época se encargou de diseminar. Ao longo do tempo, Ponte de Lima foi, así, sumando á súa beleza natural, magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclásicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitectónico.

      Hoxe en día, ademais de ser un popular destino turístico e ser paso de obriga do camiño portugués a Compostela, Ponte de Lima sobresae polos seus xardíns, incluíndo un concurso de xardinaxe anual. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 6 de marzo de 2022

CRUCEIRO EN JUAN BAUTISTA ANDRADE - LÉREZ

CRUCEIRO EN JUAN BAUTISTA ANDRADE

RÚA JUAN BAUTISTA ANDRADE

LÉREZ

Cruceiros
      Sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, os cruceiros levántanse en encrucilladas ou preto de ermidas, igrexas e cemiterios.

       Castelao dicía que un cruceiro é "un perdón do ceo", pois segundo o grande escritor galego os cruceiros eríxense para facerse perdoar algún pecado.

     Dado que en Galicia hai uns 12.000 cruceiros, as nosas faltas deben de ser grandes...

     Pero tamén se di que os cruceiros protexen os viaxeiros, así que para os que andan por estas terras a protección está garantida.

Lérez
     San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

      Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.

Patrimonio
     No lugar de Casaldarado estaba o castelo de Cedofeita, de importancia entre o século X e o século XIII.

      O mosteiro de San Salvador de Lérez, situado nun outeiro sobre o río Lérez, aparece documentado desde finais do século IX.

     Nel aloxáronse e viviron persoeiros como o Pai Xerónimo Feijoo ou o pai Martín Sarmiento. Trala desamortización de Mendizábal, os monxes víronse obrigados a abandonar o mosteiro, converténdose o templo na igrexa parroquial.

      Actualmente consérvase o claustro monacal, adxunto á igrexa. 

MAPA

 

 Fuente: Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE RUBIÁS - RUBIÁS - CALVOS DE RANDÍN

 PETO DE RUBIÁS

RUBIÁS

CALVOS DE RANDÍN

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  
 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

VILARIÑO - RANDÍN - CALVOS DE RANDÍN

 VILARIÑO

RANDÍN

CALVOS DE RANDÍN

 Vilariño
     Vilariño é un lugar da parroquia de Randín no concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

     Tiña 17 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 8 mulleres.

     Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres).

Randín
     San Xoán de Randín é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      No ano 2007 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 28 habitantes en relación ao ano 2000.

     No seu termo áchase o Castelo da Picoña.

Historia
     Na parroquia tivo lugar o 22 de febreiro de 1944 o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Randín
     Paradela, Randín, Vilar, Vilariño

Calvos de Randín
     Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. 

      Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003).O seu xentilicio é calvense ou randinense.


Xeografía
     O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. 

     O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.

     É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.

Historia
     A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.

    Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.

     O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Lugares de Calvos de Randín
     Calvos (Santiago), Castelaus (San Martiño), Feás (San Miguel), Golpellás (San Xoán), Lobás (San Vicente), Randín (San Xoán), Rioseco (Santa Mariña), Rubiás dos Mixtos (Santiago), Vila (Santa María)

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA