domingo, 9 de mayo de 2021

CANASTROS DE UXEIRA - LOIRO - BARBADÁS

 CANASTROS DE UXEIRA

LOIRO

BARBADÁS

 Loiro
     San Martiño de Loiro é unha parroquia do concello ourensán de Barbadás situada na estrada que une Ourense con Portugal pasando por Celanova e Bande. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres).

     A súa igrexa parroquial é de estilo románico, da segunda metade do século XII. A súa portada occidental presenta claras influencias da catedral de Ourense.

Lugares de Loiro
     Loiro


Barbadás
     Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio é barbadés ou barbalatense.

Xeografía
     O concello, de 30,33 km², abrangue 6 parroquias. Limita ao norte con Ourense. O seu principal núcleo é A Valenzá, vila dormitorio de Ourense.

     Cara ao norte está o río Miño, ao que se dirixe o río Barbaña, principal curso fluvial do concello. As zonas máis montañosas están cara ao suroeste, acadando os 600 m no Alto do Castro.


Patrimonio
     A igrexa de Santa María de Sobrado do Bispo é un templo de orixe románica. No exterior ten grandes contrafortes e ménsulas no tellado. Na portada lateral ten un arco apuntado de transición ao gótico, coroado por unha arquivolta de bólas. No interior hai un retablo barroco. Nesta mesma parroquia está a capela de San Xoán, de estilo neogótico.

     A igrexa de San Martiño de Loiro foi construída en 1110 e modificada posteriormente. Da primeira etapa conserva o arco triunfal cunha ventá sobre a ábsida románica. Ten dúas portas laterais, e na fachada principal unha porta con arquivoltas e tres mediacanas rodeando o tímpano, que ten unha ventá e dúas figuras humanas rodeando unha cruz. Sobre ela hai unha cornixa perlada sostida por arcos adornados con figuras humanas, mitolóxicas, animais, vexetais e xeométricas. Na cuberta da nave hai unha cruz, e no testeiro da ábsida un Agnus Dei.

     A ermida de San Bieito, na Cova do Lobo, é un pequeno templo, onde se celebra unha romaría.

     A igrexa de San Bernabeu da Valenzá construíuse en 1576, trala epidemia que asolagou a zona entre 1569 e 1571. Ten unha capela pegada, mandada construír en 1584 polo capitán Tomé Rodríguez Punxín, retornado das Indias.

     A igrexa de San Lourenzo de Piñor é do século XVI. A fachada está flanqueada nas esquinas por dúas pilastras que soportan un frontón partido por un fornelo coa imaxe de San Lourenzo. A porta de acceso está coroada por un deseño renacentista, e o acceso ao templo faise mediante unha grande escalinata barroca. O campanario está coroado cunha balaustrada.

     O pazo de Bentraces foi construído no século XV como residencia episcopal do mosteiro de Celanova. A familia portuguesa Soarez Tanxil transformouno en casa señorial. Da primeira época consérvase a área que une as tres edificacións actuais.

     O pazo de Piñor é do século XVI, ampliado posteriormente cunha solaina con ampla balaustrada barroca. Ten dúas edificacións anexas de dúas alturas, a máis moderna de planta rectangular. Dispón dunha capela próxima o edificio. A leira está rodeada por un muro de pedra.

     A capela de San Amaro, en Barbadás, ten un peto de ánimas.

Parroquias de Barbadás     
     Barbadás (San Xoán), Bentraces (San Xoán), Loiro (San Martiño), Piñor (San Lourenzo), Sobrado do Bispo (Santa María), A Valenzá (San Bernabeu) 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


sábado, 8 de mayo de 2021

CAPELA DE SAN MAMEDE - MELIAS - VENTOSELA - PEREIRO DE AGUIAR

 CAPELA DE SAN MAMEDE

VENTOSELA

MELIAS

PEREIRO DE AGUIAR

 Melias
     Santa María de Melias é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 350 habitantes (185 homes e 165 mulleres), doce menos ca en 2006. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Melias (Coles).

Lugares de Melias
      Agra, Bouzas de Fondo, Casdemiro, Cimadevila, O Condado, Espiñedo, Frieira, Lamagrande, Ouriz, As Peteiras, Ventosela 


Pereiro de Aguiar
     O Pereiro de Aguiar é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra.

     Segundo o IGE en 2017 tiña 6.228 habitantes (5.326 en 2003).

Xeografía
      O concello, de 60,9 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sur do río Miño.

Historia
      Os restos arqueolóxicos sitúa aos primeiros poboadores nas "terras de aguiar" no Neolotíco. Aínda que sen catalogar pola administración de forma oficial, existen petróglifos e restos de mámoas-medorras. 

     Despois na Idade de ferro, as tribos castrexas ergueron os castros de Chaodarcas, Covas, Melias, Sabadelle e Outeiromeau; no chamado "Monte do Castelo" en Vilariño algúns sitúan a localización do mítico Monte Medulio.

      No lugar dos Baños atopáronse restos de cerámica e lápidas da época da romanización de Galiza.


Festas

     A romaría dos Gozos ten lugar no santuario da Nosa Señora dos Gozos. Nela hai oficios relixiosos, unha novena en honor á Virxe e unha procesión con numerosas ofrendas.

Parroquias do Pereiro de Aguiar    
     Calvelle (San Miguel), Chaodarcas (Santa Ana), Covas (San Cibrao), A Lamela (Santa María), Melias (Santa María), Prexigueiró (San Salvador), Sabadelle (San Martiño), San Martiño de Moreiras (San Martiño), San Xoán de Moreiras (San Xoán), Santa Marta de Moreiras (Santa Marta), Tibiás (San Bernaldo), Triós (San Pedro), Vilariño (Santa Cristina) 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 



viernes, 7 de mayo de 2021

PETO DE XUSTÁNS - XUSTÁNS - PONTE CALDELAS

 PETO DE XUSTÁNS

XUSTÁNS

PONTE CALDELAS

     Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.


     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.


     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.


     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.


     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.


     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo crucificado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo. 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

jueves, 6 de mayo de 2021

MUIÑO DA PORTELA - RÍO ZOBRA - ZOBRA - LALÍN

 MUIÑO DA PORTELA

ZOBRA

RÍO ZOBRA

LALÍN

 Zobra
     Santa Mariña de Zobra é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 152 habitantes (81 mulleres e 71 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 185 habitantes.


Historia
     Nesta parroquia o Mosteiro de Aciveiro tivo unha granxa priorado con terras e colonos; neste señorío sucedeulles a Casa de Chedas, que segue presidindo a arquitectura local.


Patrimonio

     A igrexa parroquial de Santa Mariña de Zobra, con fábrica orixinal no século XII, é obra dos canteiros locais. Tamén ofrece interese a Casa de Cabana, que estivo vinculada ao Pazo de Des, en Soutolongo.

Lugares de Zobra
     Acevedo, Ameixedo, Cabana, O Cantiño, Chedas, Liñeiras, Portela, Porto Martín, A Regouza, A Trigueira, Zobra  

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.


Xeografía

     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes.

     A comarca está estruturada pola dorsal galega, coas serras do Faro ao leste, da Martiñá ao sur, do Candán ao oeste coa e o río Ulla, que a separa da Terra de Santiago ao norte. O conxunto constitúe unha comarca natural que xa se referencia en documentos do ano 569 ao se conformar o Condado Decense no seo da diocese de Lugo.

     Caracterízase por un clima atlántico, sen temperaturas extremas nin en inverno nin en verán, con paisaxes fluviais que permiten o desenvolvemento de especies vexetais mediterráneas e o cultivo de vides, limoeiros etc.

     Os ríos Deza e Arnego, afluentes do Ulla, cruzan paralelos a comarca do sur ao norte. O Deza e o seu afluente, o Asneiro, nacen no monte Testeiro; o Arnego nace na Serra de Faro. A estes úneselles o río Toxa que baixa desde o Candán e na súa caída ao Deza forma unha das máis significativas fervenzas de Galicia (fervenza do Toxa). 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA