martes, 24 de diciembre de 2019

IGREXA DE SANTA MARÍA DE TOMIÑO - O MOSTEIRO - TOMIÑO

 IGREXA DE SANTA MARÍA
O MOSTEIRO
TOMIÑO


Igrexa de Santa María de Tomiño
     Santa María de Tomiño é o templo románico de maior calidade do concello de Tomiño e, en xeral, do sur da provincia de Pontevedra. Esta igrexa pertenceu a un antigo monasterio feminino.



     Ten unha gran nave con cabeceira de planta rectangular, aínda que o elemento máis valioso é a sea monumental e preciosa porta occidental.


     Presenta catro arquivoltas baquetonadas máis chambrana. 


     Todo o conxunto está intensamente decorado con rosetas inscritas en círculos, billetes, sogueado, moldura de arquillos, tallos con follas lanceoladas, e pomas.



     O tímpano é liso. A estrutura columnaria de apoio sostense sobre altos podios e consiste en catro pares de columnas esveltas con capiteis de follas vexetais terminadas en volutas. 



     Os muros laterais teñen cinco saeteras en total que se converten ao interior en belas ventás de arco sobre columnas encapiteladas.


     O arco triunfal é de dous arquivoltas planas e de medio punto. 


     As columnas entregas que o soportan están ben labrados sobre todo o que mostra a tres mulleres agarradas e dous animais diablescos, que puidesen ser simios.


     Outro arco fajón que está decorado ao exterior e no intradós con capullos semiesféricos apoia sobre unha nova parella de columnas. 


     Para rematar, mencionamos que no muro do testero e na parede norte do presbiterio ai ventás de derrame interior con arquivolta sobre columnas como nos muros laterales


Tomiño
     Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. 



     Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13.548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio  é tomiñés/tomiñesa.


Xeografía
     Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab./km².



     O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.


     O concello está conectado a través da estrada PO-552 (Tui - A Guarda) coa autoestrada do Atlántico.


Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Tomiño (século XII).
    Igrexa de San Salvador de Tebra (século XII).
    Torres de Goián (século XVII).



Tomiño na cultura popular
     Na parroquia de Figueiró levántase o Santuario de San Campio de Lonxe (ou San Campio do Monte), ó que van as persoas que sospeitan padecer un mal de ollo. 



     Para expulsar o meigallo deben ir, na romaría do santo, para dar nove voltas ó redor dos dous cruceiros que hai no adro da igrexa.



Parroquias de Tomiño    
     Amorín (San Xoán), Barrantes (San Vicente), Currás (San Martiño), Estás (Santiago), Figueiró (San Martiño e San Campio), Forcadela (San Pedro), Goián (San Cristovo), Piñeiro (San Salvador), Pinzás (Santa María), San Salvador de Tebra (San Salvador), Santa María de Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador), Taborda (San Miguel), Tomiño (Santa María), Vilameán (San Bieito) 


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 23 de diciembre de 2019

ANTIGUA CENTRAL ELÉCTRICA DE O ÉZARO - RÍO XALLAS

ANTIGUA CENTRAL ELÉCTRICA
O ÉZARO
RÍO XALLAS


O Ézaro: a cascada do Río Xallas e a electricidade
     O Ézaro, pequena localidade mariñeera, é famosa pola Cascada do río Xallas, a "Fervenza do Ézaro", do que se di que é o único río de Europa que desemboca nunha cascada 


      O desnivel no último tramo do río é de 155 metros, e a altura da cascada é de 40 metros. 


     Pódese acceder fácilmente ata a contorna e ata o pé da cascada, e organízanse percorridos en kayak para vela dende a auga.


     Este enclave está tamén vinculado á produción de enerxía eléctrica, para chegar polo camiño habilitado ata a caída do auga atravésase unha central hidroeléctrica, en funcionamento, onde está instalado un Centro de Interpretación da Electricidade, aproveitando as instalacións da antiga central eléctrica do Pindo.


     Nas proximidades atópase o Mirador do Ézaro, que foi final da Volta Ciclista a España en 2012, e desde o cal pódese contemplar, desde as alturas, o conxunto de Ézaro e o próximo Monte Pindo.


Acceso
     Acédese ao conxunto desde a ponte sobre a desembocadura do río, no lado sur da poboación, a través dun desvío sinalizado. Tamén se pode acceder desde alí á estrada de subida ao Mirador, en bo estado pero cunha pendente moi acusada, que chega nalgúns tramos a superar o 16%.


Máis Información
     Máis información sobre os centros de interpretación gestionados por Neria en www.neria.es


Río Xallas
     O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. 


     Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. 


     As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e dende 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.


Descrición
     Algúns dos seus afluentes son: O Bazar, Castiñeira, A Regueira, Mira, Esternande, Ancha, Dornas, Guisande ou Vilar García.


     O caudal do Xallas mantense constante por causa dos numerosos encoros que nel se teñen construído. En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo FerroAtlántica, asentouse na zona e daquela datan as primeiras construcións para obter enerxía. 


     O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década dos anos 60 do século XX. En Ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara a Ézaro; máis abaixo, atópase o encoro de Santa Uxía, construído na década dos anos 80. 


     Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.


Aforamentos
     Augas de Galicia dispón de 2 estacións para medida de aforamentos. As devanditas estacións, denominadas Xallas 1 (n.º 512) e Xallas 2 (n.º 514), sitúanse na ponte de Truebe, no municipio de Santa Comba, e na ponte Olveira, no municipio de Mazaricos, respectivamente. Entre ámbalas dúas estacións atópase o encoro de Fervenza.


       Segundo datos publicados por Augas de Galicia, no ano hidrolóxico 2009-2010, o caudal medio diario oscilou entre 0,48 e 96,81 m³/s, en Xallas 1, e entre 4,11 e 188,34 m³/s, en Xallas 2.


Encoro
     Na canle do río existen catro encoros, que, segundo o seu curso, son Fervenza, ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía. Todos eles teñen aproveitamento hidroeléctrico e para usos industriais, e o de Santa Uxía para abastecemento urbano.


      En 1897, a Sociedade Española de Carburos Metálicos, hoxe parte do grupo Ferroatlántica, asentouse na zona e de entón datan as primeiras construcións para obter enerxía. O encoro máis importante é o de Fervenza, construído na década de 1960. 


     En ponte Olveira hai outra central. Máis abaixo, da presa de Brazal parten as canalizacións cara á ría de Ézaro; máis abaixo, encóntrase o encoro de Santa Uxía, construído na década de 1980. 


     O Xallas atravesa o Monte Pindo e precipítase nunha caída practicamente libre coñecida coma fervenza do Ézaro, de algo máis de 100 metros, á ría de Corcubión fronte ao cabo Fisterra no océano Atlántico. Na súa desembocadura están situadas tres centrais hidroeléctricas: Castrelo, Santa Uxía e Pindo, esta última de principios do século XX.


     A construción do encoro de Fervenza supuxo, segundo o informe Concas Internas de Galicia Costa de Greenpeace España, un punto negro por destrución da paisaxe ao manter seca a fervenza de Ézaro. 


     Segundo o devandito informe, a central non respecta sequera o caudal ecolóxico considerado no Plan Hidrolóxico de Galicia Costa e dende 2000, a fervenza só se pode observar os domingos de 12:00 a 13:30, grazas aos grupos locais que piden a demolición do encoro.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 22 de diciembre de 2019

MUIÑO DA CARBALLEIRA - REGO DA ESPADAÑEIRA - FORNELOS DE MONTES

MUIÑO DA CARBALLEIRA
REGO DA ESPADAÑEIRA
FORNELOS DE MONTES

Fornelos de Montes
     Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".



Xeografía
     O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).



     A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.


     Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eiras, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.


Patrimonio
     A fortaleza de Alemparte foi asolada polos irmandiños na Gran Guerra Irmandiña (1467). En 1482 foi cercada polo bispo de Tui e os seus cabaleiros, apoderándose dela posteriormente Pedro Madruga. Os restos que quedaban da fortaleza foron desfeitos definitivamente en 1893.



     O poboado castrexo da Cidadela do monte da Cidade conserva restos das pequenas edificacións, feitas en granito. A maioría delas conservan erguida parte da súa estrutura externa, consistente nunha parede de pedra de granito, podendo adiviñarse algúns elementos como as portas de entrada ou detalles do interior das vivendas. As edificacións atópanse, en liñas xerais, agrupadas nun único núcleo agás no comezo da Cidadela onde as primeiras casas aparecen diseminadas respecto ás do resto. Bordeando a Cidadela hai un camiño cuberto con pedras de formas irregulares e que unha vez deixadas atrás as vivendas nos conduce cara a un acueduto do último terzo do século XVIII, en perfecto estado de conservación malia estar cuberto por vexetación autóctona. A edificación está realizada en pedra e na súa parte central presenta un arco de tipo oxival, a través do que cruza o sendeiro, que ben puido servir antigamente como entrada á cidade.


     Debido á grande presenza de cursos fluviais, hai numerosos muíños de auga por todo o territorio, destacando a parroquia de Fornelos de Montes con nove e a de Traspielas con seis. As parroquias de Laxe e Ventín son as que presentan un menor número de muíños con dous e un respectivamente. Así mesmo, co fin de salvar o paso dos ríos existentes, destaca tamén a presenza de pontes de pedra, destacando as pontes de Laxe, de Verducido, a Ponte Grande, a de Portorrío ou a do Barbado. Non todas elas están ben conservadas debido ao abandono. Existen máis de 30 fontes de auga e 15 lavadoiros repartidos por todo o concello.


     Hai dúas casas grandes: a de Marrán, en Vilán, e a dos Alemparte. A primeira, ben conservada, ten planta con forma de L, destacando a balconada corrida no interior e unha notable cheminea. A casa dos Alemparte, do século XV, presenta un estado bastante malo de conservación, destacando no seu conxunto a gran balconada sobre pilastras rústicas orientada cara a solaina, que é o que se atopa mellor conservado de toda a edificación, así como a robusta escaleira e un arco nunha porta con forma semicircular e que contén un escudo de armas.


     Ademais das igrexas parroquiais hai tres capelas, a de San Caetano en Estacas, a de San Amaro en Traspielas e a de Santa Cruz en Fornelos de Montes. Tamén conta con diversos cruceiros, destacando o de San Xosé de Laxe, e 5 petos de ánimas: dous en Ventín e un en Fornelos, Estacas e Laxe.


     Outro tipo de patrimonio etnográfico son as construcións vinculadas ao uso do monte, como os chozos (construción menor de pedra que daba acubillo aos pastores da serra ao longo do ano), parideiras (construcións en pedra en forma de cercado e para gardar o gando, e foxos de lobos, recintos moi elementais e primitivos destinados á caza do lobo. Todas elas están na parroquia de Laxe, ao pé da serra do Suído.


Parroquias de Fornelos de Montes   
 
     Calvos (Santo Adrián), As Estacas (Santa María), Fornelos de Montes (San Lourenzo), A Laxe (San Xosé), Oitavén (San Vicente), Traspielas (Santa María), Ventín (San Miguel) 


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube


XOAN ARCO DA VELLA