FERVENZA DE NEIBÓ
RÍO NEIBÓ
MIÑÁN
SANTO TOMÉ DE PIÑEIRO
MARÍN
Marín
Situado nas Rías Baixas, Marín ofrécenos unha estampa marabillosa no seu litoral, con praias resgardadas de auga cristalina e area fina coa vexetación como telón de fondo. A cor verde da natureza do contorno mestúrase coa azul do ceo para dar paso á fermosa azul verdosa do mar.
Marín asómase á ría desde o seu miradoiro privilexiado. Mar e monte a un paso: agradecida para o goce da praia e para a práctica de todo tipo actividades ao aire libre. Sendeirismo, cicloturismo, hípica, vela, piragüismo, mergullo…. son algunhas das propostas máis habituais para practicar neste contorno.
A Ría de Pontevedra baña as costas de Marín agasallándonos cos mellores produtos do mar, peixes e mariscos recoñecidos pola súa calidade no mundo enteiro, Caracterizada pola grande riqueza de cor e sabor, a nosa gastronomía nútrense das mellores materias primas traídas do mar: cigalas, linguados, robalizas, ollomoles, rodaballos, chocos, polbos, sardiñas, centolas, nécoras, langostas, camaróns, ostras, mexillóns, vieiras, ameixas e croques, acompañados do afamado viño Albariño.
San Tomé de Piñeiro
San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo. Segundo o IGE no ano 2011 tiña 1.082 habitantes (520 homes e 562 mulleres), 30 menos que no 2007. A parroquia ten 12 entidades de poboación.
Patrimonio
A igrexa parroquial é románica, fundada no século XIII, ao parecer sobre os restos dun antigo mosteiro. Ten planta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal. Na súa capela maior ten un retablo barroco de marcada influencia portuguesa.
A cabeceira poligonal aséntase sobre tres rebancos que leva en cada un dos catro vértices unha grosa columna sobre podio que chega até o beirado con capiteis case cúbicos e de basta labra de entrelazos. Esta estrutura columnaria define cinco panos. Nos tres centrais ábrese un ventanal de medio punto adoelado pero de arestas vivas que acolle unha seteira. Unha imposta de dupla moldura percorre os tres primeiros panos á altura dos peitorís das fiestras. Os canzorros son de proa de nave.
O interior ten un elegante arco triunfal, con dúas arquivoltas apuntadas de rosetas, a interior de aresta viva e a exterior de baquetón combinado con escocia e tetrapétalas trasdosada por chambrana xadrezada.
Outro arco faixón apuntado axuda a soster a bóveda de canón. Os catro capiteis que sosteñen estes arcos son variados: un de entrelazos, outro de follas terminadas en espiral e os outros dous teñen esculpidos cadrúpedos alternados con homes ou anxos.
Tamén destaca o gran Pazo de Cadro a familia nobre de Romay, así como os muíños e a casa de Cultura.
Cultura
A comezos de outubro celébrase a Festa da mazá e a sidra de San Tomé de Piñeiro.
A Sociedade Deportiva Santomé milita na Segunda Rexional.
Pola parroquia pasa a ruta de sendeirismo GR-59, que une o cabo Home coa desembocadura do río Loira.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Marín
XOAN ARCO DA VELLA