CONFERENCIA
FRANCISCO MOLDES FONTÁN " CHUCO "
BARRO
"Estiven ameazado polo mundo do narcotráfico cando fun
deputado" afirmou onte Moldes Fontán na charla "Un de Barro polo
mundo... 40 anos despois".
O actual Consejero de Educación, Cultura e Deportes da Embaixada
de España en Argentina, falou sobre a súa vida, esbozou anécdotas de Barro e compartiu datos importantes.
Aproveitou
a charla para achegar aos asistentes un documento único e orixinal
datado de 1903, no que se constituía a "Asociación de Agricultores de
Barro".
Na charla na que participaron medio centenar de persoas,
estiveron presentes familiares, amigos, veciños e compañeiros de
universidade como Landín Eirín, Alcalde de Barro, Gerino Calvo,
Ex-director da UNED en Pontevedra ou o músico Esteban Batallán.
Ao remate da charla como recordo entregóuselle unha
talla de madeira facendo referencia á súa familia con respecto ao "Muiño
de Valerio ou Muiño dos de Moldes" situado no Parque da Natureza da
Barosa.
Rodeado de
amigos, veciños, familiares e excompañeiros de universidade, "Chuco"
Moldes Fontán pronunciou onte a charla-coloquio "Un de Barro polo
mundo...40 anos despois" no Pazo da Crega en Barro.
O diplomático fixo partícipes aos asistentes nun acto nos que
esbozou datos, anécdotas de Barro e da súa vida entre o medio centenar
de asistentes entre os que se atopaban Esteban Batallán, solista
da Orquesta Sinfónica de Granada, Landín Eirín, Alcalde de Barro ou
Gerino Calvo, Ex-director da UNED en Pontevedra, sendo estes dous
últimos excompañeiros de universidade.
Moldes Fontán tivo a oportunidade de pequeno de montar a "Coso" o
primeiro automovil que se fabricou en Galicia e que fixera seu pai José
Moldes Castro, e do que conserva fotografías da época. Tamén recordou o
paso do ex-presidente do goberno Adolfo Suarez por Barro co que foi
co-fundador do CDS.
Como deputado recordou o seu impulso para que tivese
lugar en TVE o programa "Quien sabe donde", a implantación da Oficina do
Defensor do Soldado ou os traballos parlamentarios sobre o narcotráfico
en Galicia, época na que afirmou "Estiven ameazado de morte por ese
mundo".
Xa falando de temas máis recentes o diplomático nado en Barro,
afirmou que "polo mundo apréndese a escoitar e calar". Chuco sinalou que
polas súas responsabilidades nos vindeiros días, xa en Arxentina,
tocaralle acompañar ás distintas autoridades do goberno de España, como o
Presidente Rajoy ou as SAR os Príncipe de Asturias na elección da
próxima cidade olímpica para o 2020 que se decidirán entre Tokio,
Estambul ou Madrid e que terá lugar en Bos Aires.
Como remate final da charla, mostrou un documento único e
orixinal que está datado no ano 1903, no que se constituía a "Sociedad
de Agricultores de Barro". A AC Ferveza da Barosa fíxolle entrega dunha
talla de madeira feita á man por Maderas Oubiña, na que se fai
referencia ao "Muiño de Valerio ou Muiño (da familia) dos de Moldes".
A reportaxe fotográfica da charla correu a cargo do blogger Xoan Arco
da Vella, coñecido polos seus blogs "O paraíso existe, ven O Morrazo"
ou "Xoan Arco da Vella".
Despois da charla, Moldes Fontán,
puido compartir xa momentos máis íntimos nun pincho que ofreceron os
patrocinadores da charla, Adega Moraima de Barro, Panadería Pasarín e Panadería Daniel.
A Xunta Directiva da AC Amigos
da Fervenza da Barosa, decidiu nomear a Francisco Javier Moldes Fontán,
Chuco, como socio honorario da mesma, cargo que aceptou o interesado,
colaborando en dita asociación como asesor en temas de educación e
cultura. Recollerá a súa acreditación nunha xuntanza que terá lugar no
vindeiro nadal, data na que volverá Chuco a España a pasar as súas
vacacións.
A.C. FERVENXA DA BAROSA
XOAN ARCO DA VELLA