PONTE DE SEGADE
CALDAS DE REIS
PONTEVEDRA
Para visitar en Caldas de Reis
Esta fonte, pertence á tipoloxía de "fontes de cano", constituidas por dous canos ornamentados con cabeza de León, situados á saida do manantial, cun nivel máis baixo para acadar maior presión.
Está localizada nun recinto cuxos elementos ornamentais lle dan un aspecto neoclásico, moi preto dela, esta o lavadoiro de roupa, que se abastece do mesmo manantial de auga quente.
Ponte sobre o rio Bermaña - Romana, século I. É unha ponte de sillería sobre o río Bermaña, no centro de Caldas de Reis . Por ela pasa o camiño portugués da ruta xacobea. Antes formou parte dun antiguo camiño militar romano, que pasaba por Aquis Celenis.
Está formado por tres arcos de medio punto e tragamares de forma triangular. No seu centro ten un petril de pedra e o típico cruceiro de época posteriór (posiblemente século XVII, no que foi reparado).
Ponte de Segade Ponte Romana de A Baxe, do século I, de un so arco, en Segade, a dous kilometros de Caldas, polo que pasaba a via interior que ía dende Tui a Caldas. Os restos desta vía son perfectamente visibles na calzada que vai ao lugar. Esta ponte foi profundamente remodelada, no ano 1729, polo párroco do lugar. (Esa data está no cruceiro que estaba ao pe da ponte no momento da súa remodelación, e que logo foi levado para o atrio da igrexa (San andrés)
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA