Mostrando entradas con la etiqueta ARTE RELIGIOSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTE RELIGIOSO. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de abril de 2024

IGREXA DE SAN FÉLIX DE BRUÉS - BRUÉS - BOBORÁS

  IGREXA DE SAN FÉLIX DE BRUÉS

BRUÉS

BOBORÁS

 IGREXA DE SAN FÉLIX DE BRUÉS
       Igrexa con aparello de cadeirado granítico. De nave única co presbiterio máis elevado a catro augas e sancristía acaroada. 

       A fachada principal de estilo barroco mais con molduras e ornamentación neoclásica en portas e ventás, rematando cunha espadana moito máis sobria.

      Pináculos piramidais e de bolas nas esquinas. Varios ocos en muros laterais e porta no muro sur.

Brués
      San Fiz de Brués é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 250 habitantes (107 homes e 143 mulleres), sete máis ca en 2006.

      No lugar de Conchouso, o edificio dunha antiga escola emprégase actualmente coma local social.

Lugares de Brués
     Barro, A Batoca, Brués, Conchouso, A Fontela, O Igrexario, A Ponte, Riande, Santa Isabel, O Souto, A Teixeira, O Torrón


Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE DORNELAS - FUSTÁNS - GOMESENDE

 PETO DE DORNELAS

DORNELAS

FUSTÁNS

GOMESENDE

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

      Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 7 de abril de 2024

CAPELA DE SAN AMARO - SAN AMARO - A ARNOIA

 CAPELA DE SAN AMARO

SAN AMARO

A ARNOIA

Capela de San Amaro
      Capela cosntruída nos s.XII e XV de pequenas dimensións e dunha soa nave rectangular. 

       Destaca a fachada principal de formas neoclásicas enmarcando a porta de entrada e que se coroa coa imaxe do san, San Mauro, a festa do cal se celebra con grande afluencia de devotos procedentes de toda a bisbarra.

     No interior destaca o presbiterio con bóveda de pedra de época románica.

A Arnoia
      San Salvador da Arnoia é unha parroquia do concello da Arnoia, situada na provincia de Ourense.

       Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 002 habitantes (499 homes e 503 mulleres), 182 menos ca en 2006.

     Comarca do Ribeiro
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

      A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

     Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. 

      Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

PETO DE MATAMÁ - MATAMÁ - O PAO - GOMESENDE

 PETO DE MATAMÁ

MATAMÁ

O PAO

GOMESENDE

    Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.   

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 6 de abril de 2024

CRUCEIRO DE LUDEIROS - LUDEIROS - CASARDEIRA - RAMIRÁS

 CRUCEIRO DE LUDEIROS

LUDEIROS

CASARDEIRA

RAMIRÁS

Ludeiros
       Ludeiros é un lugar da parroquia de Casardeita, no concello ourensán de Ramirás.

      Segundo o IGE do 2009 tiña 11 habitantes dos que 8 eran homes e 3 eran mulleres, o que supón un mantemento de habitantes con respecto a 2008.

Casardeita
     Santiago de Casardeita é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. 

       No ano 2007 tiña 134 habitantes, deles 60 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

      Esta peculiar parroquia conta cunha igrexa caracterizada pola figura do patrón desta, o Apóstolo Santiago, na súa fachada ademais da capela de Santa Águeda (no Pambre) e a capela da Virxe de Guadalupe (en Ver). Ao carón da capela do Pambre encóntrase un magnífico exemplar de carballo digno de admiración e contemplación.

      Ademais do anterior nos seus arredores localízase a antiga escola cuxa primeira planta é utilizada polos veciños como lugar de reunión social e a segunda está a disposición dunha biblioteca chamada «Biblioteca Lois Antón de Casardeita».

Lugares de Casardeita
  
Casardeita, Coveliñas, Ludeiros, Pambre, O Pazo, O Rial, Ver 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA