domingo, 6 de agosto de 2023

MINAS DE BRUÉS - BRUÉS - BOBORÁS

 MINAS DE BRUÉS

BRUÉS

BOBORÁS

Descrición
     Os labores das minas de arsénico e ouro de Brués desenvolvéronse entre os anos 1930 e 1950.

      O interese xeolóxico do xacemento compleméntase coa beleza da paisaxe e a posibilidade de visitar a Igrexa de San Pedro de Xurenzás (S.XIX) e o castro celta da paraxe Os Castros.

Historia
     Os labores mineiros do xacemento xa se atopaban en explotación a principios do século XX, e despois da Guerra Civil española ata 1950. Algunhas referencias sitúan os traballos máis antigos no século XIX. 

        Por atoparse nunha contorna de coñecida actividade mineira de época romana e pola proximidade dun castro celta, é posible que estes xacementos fosen coñecidos ou polo menos explorados na devandita época.

Xacemento
     Os traballos mineiros localízanse en torno ao contacto entre o granito de dous micas (moscovita, de cor clara, e biotita, de cor negra) de gran groso do Macizo de Boborás e os xistos, cuarcitas e lousas escuras do Grupo de Nogueira (Ordovícico).

     Na zona de contacto entre o granito e os xistos existen numerosos filóns de cuarzo, diques e masas de greisen (roca composta por cuarzo e abundante moscovita), aplita (similar ao granito pero de gran moi fino) e pegmatita (similar ao granito pero con tamaño de gran moi groso).

      Na zona visitable, un conxunto de filóns de cuarzo de ata 2 metros de potencia presentan unha mineralización de arsenopirita e ouro. Estes corpos mineralizados encaixan tanto no granito como nos xistos.

       A orixe da mineralización foron os fluídos hidrotermais de alta temperatura (350º C a 800º C), resultado das últimas fases de consolidación do magma granítico e ricos en sílice (que se solidifica como cuarzo) e nos elementos metálicos que forman a mineralización.

Laboreo
      O desenvolvemento da explotación realizouse mediante galerías a distintos niveis sobre o mesmo filón, con pozos de comunicación entre elas.

      Fortificábanse mediante troncos de parede a parede (estemples adintelados) que se cubrían con táboas de madeira (latones) para formar un piso (camada) para o tránsito, escavación e arranque do mineral.

      Realizábase unha primeira clasificación na mesma zona de arranque deixándose o estéril ou ganga para encher os ocos. O mineral extraíase polos pozos e galerías inferiores. 


       Non se chegou a mecanizar significativamente as minas e tan só pasouse de extraer o mineral en carretillas a facelo en vagonetas por raíles de ferro. 

      Non quedan restos de instalacións, aínda que houbo unha fábrica de tratamento do mineral para extraer arsénico e algo de ouro 

VIDEO

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Web Camara Oficial de Mineria de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901