jueves, 13 de julio de 2023

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE - LUBRE - ARES

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE

LUBRE

ARES

IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE
Descrición
     Finais do século XV e principios do XVI. Trátase dunha igrexa de notable antigüidade.

      Aparece na relación de igrexas que Afonso II lle mandou facer ao abade Tructinio no ano 830.

     Posúe grandes muros de pedra con enormes contrafortes, polo que as xanelas son escasas e estreitas.

     É dun estraño estilo gótico tardío ou de transición ao renacemento moi pouco frecuente en Galicia.

     Ten unha soa nave, unha ábsida cadrada e un adro diante da porta principal para se resgardar da chuvia.

     A porta é de arco semicircular sen adornos e un óculo con boceis na parte superior. Os arcos están adornados con molduras e os capiteis teñen lixeiros relevos.

     No seu interior destaca a bóveda estrelada da ábsida, de cinco claves cos nervios apoiados en columnas acobadadas nos ángulos.

     Os fustes son esveltos pero de rudos capiteis con sinxelos relevos.

     Consérvase unha lápida sepulcral con escudos que ostentan as armas de Calatrava.

     Foi unha igrexa refuxio que libraba os delincuentes da acción da xustiza.

Acceso
     Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de percorrer 1 km, tomar un desvío cara á esquerda e a uns 300 m está a igrexa.

MAPA

 

Fuente: Web Turismo de Galicia

XOAN ARCO DA VELLA

PETRÓGLIFO DE LANHELAS - LANHELAS - CAMINHA

PETRÓGLIFO DE LANHELAS

LANHELAS

CAMINHA

 Lanhelas
     Lanhelas é unha freguesia portuguesa do municipio de Caminha.

      Segundo o censo de 2021, ten unha poboación de 899 habitantes.​

      A freguesia de Lanhelas é a máis setentrional do municipio.

Economía
      Mediante traballos artesanais trabállase moito coa pirotecnia. Outras actividades son a agricultura, a construción civil e a pesca fluvial.

Gastronomía
      É moi coñecido na zona o arroz de lampreia.

Patrimonio
    Laje dás Fogaças
    Torre de Lanhelas ou denominada tamén: Casa dá Torre ou Paço de Lanhelas

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 7 de julio de 2023

PETO DA LAGOA - RÚA BERNARDO SAGASTA - CAMPO LAMEIRO


 PETO DA LAGOA

RÚA BERNARDO SAGASTA

CAMPO LAMEIRO

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 6 de julio de 2023

PETO DE FONTENLA - SANTA MARÍA DE FRAGAS - CAMPO LAMEIRO

 

 PETO DE FONTENLA

SANTA MARÍA DE FRAGAS

CAMPO LAMEIRO

Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PORTO DE MUGARDOS - MUGARDOS

 PORTO DE MUGARDOS

MUGARDOS


Mugardos
      Mugardos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol.

    Segundo o IGE en 2016 tiña 5335 habitantes. O seu xentilicio é «mugardés». 

     Mugardos limita ao norte coa ría de Ferrol, ao leste con Fene e ao sur e oeste con Ares.

Comarca de Ferrol
     A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol.

     A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

     Limita ao norte e ao leste co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume.

     Ten unha extensión de 623,45 km² e conta cunha poboación de 151.822 habitantes no 2020, distribuídos en 11 concellos.

     Xunto coas comarcas de Eume e Ortegal, integra a ambigua e non oficial Ferrolterra.


A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:
    Os concellos bañados pola ría de Ferrol: Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda.

     Moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións.

     Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977.
    Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas.
    A terceira consiste en Cedeira.

     En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias.

     Ferrol é o concello de mallor importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Concellos
Pertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:
    Ares
    Cedeira
    Fene
    Ferrol
    Moeche
    Mugardos
    Narón
    Neda
    San Sadurniño
    As Somozas

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA