domingo, 19 de febrero de 2023

MUIÑO DAS ACEÑAS - AS ACEÑAS - RÍO UMIA - BAIÓN - VILANOVA DE AROUSA

 MUIÑO DAS ACEÑAS

AS ACEÑAS

RÍO UMIA

BAIÓN

VILANOVA DE AROUSA

 Río Umia
     O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km².

     Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados).

     Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Características
     O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela.

     Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada.

     Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza.

     En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

     O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PONTELLA DAS ACEÑAS - AS ACEÑAS - RÍO UMIA - BAIÓN - VILANOVA DE AROUSA

PONTELLA DAS ACEÑAS

AS ACEÑAS

RÍO UMIA

BAIÓN

VILANOVA DE AROUSA

Río Umia
     O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km².

     Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados).

     Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Características
     O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela.

     Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada.

     Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. 

     En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

     O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 17 de febrero de 2023

MONASTERIO DE SAN MIGUEL DE XAGOAZA - XAGOAZA - O BARCO DE VALDEORRAS

 MONASTERIO DE SAN MIGUEL

XAGOAZA

O BARCO DA VALDEORRAS

 Mosteiro de San Miguel de Xagoaza
     No mosteiro de Xagoaza pódese atopar unha atmosfera moi tranquila, silenciosa e con moito encanto. 

      A igrexa de San Miguel do século XII e a edificación do mosteiro do século XVIII.

Descrición
     A igrexa de San Miguel, de orixe románico,  pertencente na súa época á Ordende San Xoán de Xerusalén.

     O Mosteiro de construción posterior está realizado en pedra ao redor dun claustro interior rectangular. Actualmente rehabilitado, alberga unha moderna adega de viños e augardentes da zona, cuios viñedos están situados na contorna do conxunto.

     No seu interior acondicionáronse no piso superior unha serie de salas para desenvolver diversos actos culturais: exposicións, ciclos de conferencias, etc.

     A contorna de bosque autóctono que rodea este espazo, os viñedos, ademais de fermosos e plácidos están extremadamente coidados.

Xagoaza
      San Miguel de Xagoaza é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Barco de Valdeorras. 

     Segundo o IGE en 2011 tiña 64 habitantes (36 homes e 28 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes.

Lugares de Xagoaza
      Xagoaza

Comarca de Valdeorras
     A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. 


      Pertencen á comarca os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

     En total abrangue 968,90 km², e caracterízase pola súa elevación pois nela está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m).

MAPA

 

 Fotos: C.P.C

XOAN ARCO DA VELLA



MONASTERIO DOS XERÓNIMOS - LISBOA

 MONASTERIO DOS XERÓNIMOS 

LISBOA

Mosteiro dos Xerónimos
         Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo.

      Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa.

      Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo.

       Os elementos decorativos están repletos de símbolos da arte da navegación e de esculturas de plantas e animais exóticos.

      O monumento forma parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO, e o 7 de xullo de 2007 foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal.

Historia
      Encomendado polo rei Manuel I, pouco despois de Vasco da Gama regresar da a súa viaxe á India, financiouse en gran parte polos lucros do comercio de especias.

      Escollido o lugar, xunto ao río en Santa María de Belén, iníciase en 1502 a obra con varios arquitectos e construtores, entre eles Diogo Boitaca (plano inicial e parte da execución) e João de Castillo (bóvedas das naves e do transepto – esta cunha rede de nervuras en forma de estrela –, piares, porta sur, sancristía e fachada) que substitúe o primeiro en 1516/17. No reinado de Xoán III engadiuse o coro alto.

     Deriva o nome por serlle entregada á Orde de san Xerónimo, nel estabelecida ata 1834. Sobreviviu ao sismo de 1755 mais foi danado polas tropas invasoras francesas enviadas por Napoleón Bonaparte no inicio do século XIX.

      Inclúe, entre outros, os túmulos dos reis Manuel I e a súa muller, María, Xoán III e a súa muller Catarina, Sebastián e Henrique e aínda os de Vasco da Gama, de Luís Vaz de Camões, de Alexandre Herculano e de Fernando Pessoa.

      Despois de 1834, coa expulsión das ordes relixiosas, o templo dos Xerónimos destinouse a igrexa parroquial da freguesía de Santa María de Belén.

     Nunha extensión construída en 1850 está localizado o Museo Nacional de Arqueoloxía. O Museo da Mariña sitúase na ala oeste.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 16 de febrero de 2023

IGREXA DE SANTO ANDRÉ - PIÑEIRA SECA - XINZO DE LIMIA

 IGREXA DE SANTO ANDRÉ

PIÑEIRA SECA

XINZO DE LIMIA

 Igrexa de Santo André
       A Igrexa de Santo André atópase no norte da localidade de Piñeira Seca, pertencente o termo municipal de Xinzo de Limia, provincia de Ourense.

Descrición
     A cabeceira da Igrexa de Santo André sufriu transformacións polo que, da súa primitiva construción románica, poden verse as dúas portadas e unha colección de canecillos entre os que apreciamos rostros humanos, representacións zoomórficas e composicións xeométricas.

     A portada principal atópase ao oeste, e está formada por tres arquivoltas decoradas con bólas, baixo as cales o tímpano presenta unha cruz con dúas flores de lis aos seus lados.

      Xunto ao cemiterio, no muro sur, hai outra portada en cuxo tímpano poden verse tres esquemáticas rosetas.

Estado de conservación
     Atópase en bo estado de conservación.

Protección
     O Patrimonio Histórico Español está protexido pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (B.O.E. núm. 155, do 29 de xuño de 1985).

Piñeira Seca
     Santo André de Piñeira Seca é unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia na comarca da Limia.

     No ano 2009 tiña 127 habitantes (69 homes e 58 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2007.

Lugares de Piñeira Seca
     Piñeira Seca

Comarca da Limia
     A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.

     A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

MAPA 

 

 Fuente: Web Monumental.net

XOAN ARCO DA VELLA