domingo, 5 de noviembre de 2023

CAPELA DE SAN ANTONIO - PUXEDO - SAN PAIO DE ARAÚXO - LOBIOS

 CAPELA DE SAN ANTONIO

SAN PAIO DE ARAÚXO

PUXEDO

LOBIOS

 San Paio de Araúxo
     San Paio de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 267 habitantes, dos cales 136 eran homes e 131 mulleres.

Lugares de San Paio de Araúxo
     Bouzas, Briñidelo, Esperanzo, Guende, Prancibe, O Puxedo, O Reguengo, San Paio

O Puxedo
     O Puxedo é un lugar da parroquia de San Paio de Araúxo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia.

     Tiña 40 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 22 eran homes e 18 mulleres.

Patrimonio
     O Puxedo ten un conxunto monumental formado por:
    Capela de San Antonio, de estilo neoclásico cun retablo con elementos propios do barroco rural.
    Peto de ánimas, concibido como un arco de triunfo adoelado atópase no centro da praza, nun cruzamento de catro camiños. É o exemplar de maiores dimensións que se conserva na provincia de Ourense.
    Palco de música, construído a comezos do século XX e onde actuaban as bandas de música.
    Arredor da praza, presidida por un carballo centenario aparecen numerosos cruceiros dispostos de xeito circular.

      Esta área, lugar de xuntanza veciñal, constituíu un importante centro de culto dende que a comezos do século XVIII se trouxo a figura de Santo Antonio dende Lisboa tirada por un carro de bois e se situou na capela. O 13 de xuño celébrase unha romaría.

      Na parte alta do Puxedo atópanse os antigos currais (curros da res) onde se acollía pola noite o gando, principalmente ovellas e cabras, que pacían no monte comunal. Trátase dun conxunto de construcións dispostas unhas a continuación das outras de reducida dimensión construídas en pedra e cubertas antigamente con teitos de colmo.

      Ata os anos sesenta había un forno comunitario que se vendeu para poder mercar pólvora para a construción da estrada ata o lugar. Cincuenta anos despois, a Asociación de Veciños adquiriu e rehabilitou un antigo curral e instalou no seu interior un forno doado por un veciño da aldea.

       O Puxedo ten un total de vinte e oito hórreos,chamados canastros na comarca, a maioría construídos en pedra granítica. Os máis antigos, como o hórreo da Laxeira, datan de comezos do século XIX. O maior conxunto de hórreos está na Eira da Cruz.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 4 de noviembre de 2023

EIRA DA CRUZ - PUXEDO - SAN PAIO DE ARAÚXO - LOBIOS

 EIRA DA CRUZ

Itinerario etnográfico do Puxedo

     O Puxedo conta cunha ruta que percorre estes elementos patrimoniais, ademais de catro airas de mallar (espazos enlousados de carácter comunitario) e varias fontes. O itinerario iníciase na Eira do Toco e remata no forno de pan comunitario.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 3 de noviembre de 2023

FORNO DE CAL DE SANTRADÁN - SAN ADRIÁN DE COBRES - VILABOA

 FORNO DE CAL DE SANTRADÁN

SAN ADRIÁN DE COBRES

VILABOA

      O forno caleiro de San Adrián abriu no 1936 e estivo funcionando ata os anos 60 do século XX.

      Supón o único exemplo deste tipo de construccións na Península do Morrazo, e é un dos escasos exemplos que existe en Galicia e dos mellor conservados (e prácticamente o único a nivel industrial).

      Funcionaba gracias a cal que se traía por mar dende Santoña (Cantabria) xa que aquí non existen este tipo de pedras.

        Desafortunadamente, esta industria tivo mala sorte o cadrar o inicio da súa actividade co inicio da Guerra Civil (o que truncou as súas aspiracións) e a posterior postguerra.  Este factor, xunto co avance das fábricas e a industrialización moderna en España, puxo fin ó mesmo nos anos 60 do século XX.

Cobres
     Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa.

     Segundo o INE no 2008 tiña 1.416 habitantes (721 mulleres e 695 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.405 habitantes.

     O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Patrimonio
       A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.

     Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados. 

      A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas.
O entroido en Cobres é festa de interese turístico de Galicia

     O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.

Lugares de Santo Adrán de Cobres
      Cardiña, Curra, Nores, Pazos, Pousada, Santradán, Sobreira, Uveiras.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DE SAN FIZ DE CANGAS - SAN FIZ DE CANGAS - PANTÓN

 CALVARIO DE SAN FIZ DE CANGAS

SAN FIZ DE CANGAS

PANTÓN

San Fiz de Cangas
      San Fiz de Cangas é unha parroquia do concello de Pantón na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

     Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón.

     No ano 2007 tiña 103 habitantes, deles 46 eran homes e 57 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Xeografía
     Limita coas parroquias pantonesas de Següín e Deade polo norte; Serode polo leste; Cangas polo sur e Pombeiro polo oeste.

Lugares de San Fiz de Cangas
     A Arribada, Guende, A Lama, A Martiñal, O Outeiro, San Fiz, Sernande, Serode

Comarca da Terra de Lemos
      A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

       A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

     A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.  

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 2 de noviembre de 2023

HORREOS EN OLELAS - A ILLA - ENTRIMO

 HORREOS EN OLELAS

OLELAS

A ILLA

ENTRIMO

  Olelas
        Olelas é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.

     Tiña 62 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 37 mulleres.

A Illa
      San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

     Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.

Lugares da Illa
 
    A Illa, Lantemil, Olelas, Reloeira

 Entrimo
        Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio é «entrimés».

Xeografía
       O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares.

     Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

       É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. 

     Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).

Comarca de Baixa Limia
       A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

      Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia. 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA