sábado, 23 de septiembre de 2023

AS LACEIRAS - SALCEDO - A POBRA DO BROLLÓN

 AS LACEIRAS

SALCEDO

A POBRA DO BROLLÓN

 As Laceiras

        Está situada na poboación de Salcedo, dentro do Concello de A Pobra do Brollón, vive desde fai moitos anos Fernando Peña Novo con súa familia.

     Con gran esforzo persoal, e pouco apoio institucional, foron arranxando, restaurando e creando un espazo para vivir acorde ás súas propias conviccións e filosofía.

        Dedícanse ao traballo artesanal do coiro e tamén cultivan unha horta ecolóxica, froiteiras, obteñen mel, e crían varias especies animais como paxaros, galiñas…

Salcedo
       Salcedo é unha aldea pertencente á parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. É a segunda aldea máis poboada do concello tras A Pobra do Brollón.

       Contaba en 2007 segundo o IGE, con 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres), 6 habitantes menos que no ano anterior.

      Está situada a 576 m de altitude e ten un campo de fútbol e un establecemento, así como varias casas de turismo rural.

A Pobra do Brollón
       A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia.

       Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. 

        Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017.

       Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Xeografía
      O concello da Pobra do Brollón ten unha superficie de 174,8 km², situados entre o Val de Lemos, na metade oeste, e a serra do Courel, ao leste. Está caracterizado pola súa topografía montañosa na metade leste.

      Cabe destacar os seguintes montes: Alto da Veneira (1.164 m), Mioteira (871 m), O Home Grande (824 m), Cerro de Pereira (648 m), O Covallo (564 m) e Moncai (531 m). A menor altitude sitúase na Ribeira de Val de Frades, xunto ao río Sil.

 Comarca da Terra de Lemos
       A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca.

       A maioría da superficie (toda agás o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

     Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

      A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 20 de septiembre de 2023

PETO CRUCEIRO DE SAN TEOTONIO - RÚA DO MENDO - GANFEI - VALENÇA DO MINHO

 PETO CRUCEIRO DE SAN TEOTONIO

RÚA DO MENDO

GANFEI

VALENÇA DO MINHO

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



 

 

IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE FORNAS - CHANTADA

IGREXA DE SAN CRISTOVO

FORMAS

CHANTADA

 IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE FORNAS
      Edificio da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores. A nave e a ábsida son de planta rectangular, e a cuberta de tella a dúas augas.

     Ten no interior arco triunfal de medio punto, de tendencia á ferradura, de sección rectangular, axadrezado, imposta sinxela e columnas apegadas con capiteis con decoración zoomorfa. 

      No testeiro hai unha ventá con arquivolta de toro, moldura de billetes e capiteis historiados.

      O tellado da ábsida conserva canzorros lisos. A portada principal está alterada, pero conserva arco de medio punto con arquivoltas, capiteis rudos e un tímpano liso con inscrición ilexible. 

      O frontispicio culmínase cunha espadana de dous vans.

Acceso
      Partir de Chantada en dirección Antas de Ulla, pola estrada LU-P-1809. A 2 km coller o desvío á dereita. A igrexa atópase a 40 m do cruzamento.

Fornas
     San Cristovo de Fornas é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo.

      Tiña 94 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 47 mulleres.

     O que supón unha diminución de 12 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 106 habitantes (48 homes e 58 mulleres).

Topónimo
     O máis probable é que as tumbas antropomorfas desen o nome a toda a parroquia. Etimoloxicamente, o topónimo Fornas pode derivar da palabra latina "furnus" (concavidade ou forno).

Patrimonio
    Igrexa de San Cristovo de Fornas, da segunda metade do século XII, con numerosas reformas posteriores.
    Cruceiro de Fornas ou Ansoar.
    Tumbas antropomorfas escavadas en pedra.

 Lugares de Fornas
     Ansoar, Fornas de Abaixo, Fornas de Arriba, Sobreira de Abaixo, Sobreira de Arriba

Comarca de Chantada
     A comarca de Chantada, coñecida historicamente como Terra de Asma, é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Chantada.

     Pertencen a ela os concellos de Carballedo, Chantada e Taboada. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 19 de septiembre de 2023

IGREXA DE SANTA CRISTINA DE AREAS - AREAS - ANTAS DE ULLA

 IGREXA DE SANTA CRISTINA

AREAS

ANTAS DE ULLA

Areas
     Santa Cristina de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 82 habitantes (49 mulleres e 33 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Xeografía
     Areas está situada no sueste do concello. A aldea da Somoza é o punto máis elevado do concello (720 m), no seu territorio está o monte Farelo.

Patrimonio
       A igrexa de Santa Cristina de Areas é da primeira metade do século XIX.

Festas
      Celebra as súas festas patronais na honra de San Lucas.

Lugares de Areas
      Castro, O Outeiro, Río, Santa Cristina, A Somoza

Antas de Ulla
     Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa.

        Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes. O seu xentilicio é seoanés, ullán ou ullao.

Xeografía
      O concello limita ao norte con Palas de Rei, ao sur con Taboada, ao oeste con Agolada e Rodeiro e ao leste con Monterroso. A capital municipal, do mesmo nome, dista 45 km da capital provincial, Lugo.

      Do seu relevo, tendente á horizontalidade, destaca o monte Farelo, con 951 m de altura, e da súa hidrografía o río Ulla, que nace na parroquia de Olveda e conta con afluentes coma o Estanco, o Fadal, o Peizal, o Medeiros, o Peibás ou o Pequeno.

Comarca da Ulloa
      A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

        No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE AUGASMESTAS - AUGAS MESTAS - QUIROGA

 IGREXA DE SANTIAGO

AUGAS MESTAS

QUIROGA

 IGREXA DE SANTIAGO DE AUGASMESTAS
       Esta igrexa foi construída na súa maioría no século XVII, edificio de humildes dimensións e características.

     Ten unha nave central cuberta a dúas augas e unha capela maior con estrutura de madeira. 

        Na fachada observamos como se levanta unha humilde espadana de dous vans.

     No interior destaca o arco de medio punto que da paso ao presbiterio e que recorda a un pasado románico, logo vemos un retablo maior de finais do século XVIII de factura barroca coas esculturas de Santiago Apóstolo (a cabalo) San Pedro e o Anxo da Garda, esta igrexa tamén posúe un retablo lateral de estilo neoclásico.

      A igrexa estivo adscrita antigamente a encomenda de San Xoán e logo ao de Barxa de Lor.

Acceso
     Dende Quiroga temos que coller a N-120 en dirección Monforte e logo deternos despois da ponte, antes de chegar a poboación de As Covas, no cruce xiramos de cara a dereita por unha estrada que se mete debaixo da ponte e nos permite chegar a Augas Mestas.

Augas Mestas
      Santiago de Augas Mestas é unha parroquia do concello de Quiroga na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo.

     No ano 2007 tiña 26 habitantes, deles 14 eran homes e 12 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

     O nome a parroquia débese a estar no punto onde se xuntan as augas do río Lor coas do río Sil.

Lugares de Augas Mestas
      Augas Mestas, As Covas, O Fuluxento, Parada

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA