viernes, 18 de agosto de 2023

CAPELA DA NOSA SENHORA DA CABEÇA - ALVORA - ALVORA E LOUREDA - ARCOS DE VALDEVEZ

 CAPELA DA NOSA SENHORA DA CABEÇA

ALVORA

ALVORA E LOUREDA

ARCOS DE VALDEVEZ

Álvora

      Álvora e unha fregresia portuguesa do municipio de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi suprimida o 28 de Xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de Xaneiro de 2013 o xuntarse coa fregresia de Loureda, formando a nueva fregresia de Alvora e Loureda.

Alvora e Loureda
      Alvora e Loureda (chamada oficialmente União das Freguesias de Alvora e Loureda) es unha fregresia portuguesa do municipio de Arcos de Valdevez, distrito de Viana do Castelo.

Historia
    Foi creada eo 28 de Xaneiro de 2013 en aplicación de unha resolución da Asamblea da República de Portugal promulgada o 16 de Xaneiro de 2013 coa unión das fregresias de Álvora e Loureda, pasando a sua sede a estar situada na antiga freguesia de Álvora.​

 Arcos de Valdevez
       Arcos de Valdevez é un concello do distrito de Viana do Castelo, Portugal limítrofe con Galicia, e englobado na rexión Norte e na subrexión Minho-Lima. 

     Ten 445.89 km² de área e 24.761 habitantes (2001). Divídese en 51 freguesías.

     A capital é a vila de Arcos de Valdevez que ten 2.200 habitantes.

As freguesías son o equivalente ás parroquias en Galicia. Son as seguintes:

    Aboim das Choças
    Aguiã
    Alvora
    Ázere
    Cabana Maior
    Cabreiro
    Carralcova
    Cendufe
    Couto
    Eiras
    Ermelo
    Extremo
    Gavieira
    Giela
    Gondoriz
    Grade
    Guilhadeses   

    Loureda
    Madalena de Jolda
    Mei
    Miranda
    Monte Redondo
    Oliveira
    Paçô
    Padroso
    Parada
    Portela
    Prozelo
    Rio Cabrão
    Rio de Moinhos
    Rio Frio
    Sá
    Sabadim
    Salvador

    Salvador de Padreiro
    Santa Cristina de Padreiro
    Santa Maria de Távora
    Santar
    São Cosme e São Damião
    São Jorge
    São Paio
    São Paio de Jolda
    São Vicente de Távora
    Senharei
    Sistelo
    Soajo
    Souto
    Tabaçô
    Vale
    Vila Fonche
    Vilela

Monumentos
    Igrexa da Lapa: É de estilo barroco típico Rococó.

     O proxecto da igrexa da Nosa Senhora da Lapa, é atribuído a André Soares e foi concluido en 1767.  

MAPA 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 15 de agosto de 2023

CRUCEIRO PETO DO CAIS - RÚA BECO DO CAIS - VALENÇA DO MINHO

 CRUCEIRO PETO DO CAIS

RÚA BECO DO CAIS

VALENÇA DO MINHO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DAS PRECES - CAPELA DA NOSA SEÑORA DAS PRECES - MOLEDO DE MINHO

 PETO DAS PRECES

CAPELA DA NOSA SEÑORA DAS PRECES

MOLEDO DE MINHO

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

BRANDA DE LAMELAS - LORDELO - ARCOS DE VALDEVEZ

 BRANDA DE LAMELAS

LORDELO

ARCOS DE VALDEVEZ

  Brandas
     Brandas son zonas dos montes altos, onde o gado atopa pastos frescos polo verán.

     O veceiro (pastor que tiña a quenda) levaba o gado ao monte durante os meses de xuño a setembro.

     É un termo empregado nas montañas de Ourense (Serra do Xurés) e na parte Portuguesa (Serra do Gerês e Serra do Soajo).

     O mesmo que ocorre cos chozos do Suído galegos, nestas zonas os pastores necesitan de construcións de acubillo para o gado e para eles mesmos, polo que no norte de Portugal, especialmente das Serra do Gerês chámanlle brandas aos núcleos habitados temporarais de verán, cuxa orixe se insire nun proceso de transhumancia no que as poboacións se trasladan das súas aldeas de inverno para as zonas máis altas da serra, onde abundan pastos fértiles para alimentar o gado.

     As brandas son típicas do complexo sistema antigo da transhumanciada das Serras do Soajo e da Peneda-Gerês (e da serra do Xurés ourensá), hoxe integrado no Parque Nacional de Peneda-Gerês.

     A aldea onde a familia pasa o inverno chámase inverneira, localizada nun val, en zonas máis baixas.

     No fin do verán ou principio do outono, as persoas deixan as brandas e baixan á inverneira, onde permanecen até marzo, cando volven subir para as brandas para faceren as sementeiras do centeo e deixar o gado a pastar. 

      Hoxe en día, nas poucas aldeas que manteñen a tradición, as persoas só levan os animais e algúns haberes, ao contrario de antigamente, cando levabam até a moblaxe.

     As brandas están formadas polos pastos, valados, curros, cortellos para gado e algunha choza de paredes e cuberta de cachotaría de granito (normalmente con sollado), para as persoas

VIDEO

MAPA

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 14 de agosto de 2023

PETO DA NOSA SEÑORA DA SAUDE - LOUREDA ALVORA - ARCOS DE VALDEVEZ

 PETO DA NOSA SEÑORA DA SAUDE

LOUREDA ALVORA