martes, 20 de junio de 2023

AS MÉDULAS - CARUCEDO - O BIERZO - LEÓN

 AS MÉDULAS

CARUCEDO

O BIERZO

LEÓN

 As Médulas
     As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. 

     Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo.

Historia e características
     Segundo o relato de Plinio o Vello, quen na súa mocidade foi administrador das minas, extraíanse cada ano 20.000 libras de ouro, empregando 60.000 escravos, que en 250 anos de explotación deron 5 000 000 de libras (= 1 635 000 kg).

      Segundo os datos do profesor arqueólogo Antonio García Bellido, as terras removidas acadaron os 500 millóns de m³, o que cun rendemento medio de 3 g/tonelada de terra implica uns 1 500 000 kg de mineral.

     Outros estudos, baseados na terra extraída, falan de 10.000 ou 20.000 homes, contando con subministradores, gardiáns etc.

      Os ástures xa tiñan explotado algo, lavando as lamas e as areas. De seguro os romanos comezaron en época de Octavio Augusto.

      Plinio comenta que é menos temerario buscar perlas e púrpura no fondo do mar que sacar ouro destas terras.

     Conta a lenda que o lago de Carucedo se formou co estancamento da auga empregada para a explotación.

A extracción veuse favorecida por:
    Ser terras de aluvión con pepidas de ouro.
    Ter moita auga e pendente para producir o arrastre.
    Existir pendentes cara o río Sil para os desaugadoiros.

Como chegar
      Pola estrada Vigo - Ourense a Ponferrada. Pasado Santalla, tómase un camiño á esquerda que leva ata o alto do castelo de Cornatel (vese desde a estrada), templario, onde se desenvolve a novela de Enrique Gil y Carrasco "El Señor de Bembibre". Desde aí vese o lago de Carucedo. Chégase a Carucedo e de alí a Orellán para ver As Médulas dende o miradoiro.

     As Médulas teñen activo un túnel que se pode atravesar, sentindo un pouco mellor as circunstancias de explotación, ata un miradoiro sobre o baleiro.

Método de extracción
       Usábase o chamado ruina montium, consistente na captación da auga existente por medio de canles, almacenándoa en depósitos para utilizala despois. É un sistema espectacular neste caso, pola cantidade de auga usada, lonxitude e ramificacións de canles. Hoxe coñécese o trazado, e pódese visitar parte aínda que é imprescindible un guía e un casco para a cabeza.

       Unha das moitas captacións era na vertente nordeste do monte Teleno. No pico, a unha altura de 2.000 m, acumulábase a neve que, derretida, chegaba ó río Cabo (afluente do Cabreira). Este río alimentaba as 7 canles que, bordeando a montaña, chegaban ós estanques. As canles podían ter unha lonxitude de 300 km cunha pendente entre 0,6 % e 1%. O ancho era de 1,28 m, excepto nas curvas, nas que acadaba 1,60. O alto, 90 cm. En lugares, a canle entra baixo as penas como túnel. A construción das canles foi a parte máis difícil e custosa da explotación.

      A auga chegaba ós depósitos escavados no terreo, e a terra amoreábase arredor, formando taludes. Tiñan comportas para facer a distribución hídrica. Algunhas canles subsisten hoxe en día como camiños, podéndose percorrer con guías.

      Este traballo de enxeñaría e a posterior extracción de ouro supuxo un atentado contra o medio ambiente na época, mais non se ten constancia de que na época teña sido visto como tal. Dende 1997 é Patrimonio da humanidade.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 18 de junio de 2023

PONTELLA DE PEREIRAS - RÍO BARBAÑA - PEREIRAS - TABOADELA

 PONTELLA DE PEREIRAS

RÍO BARBAÑA

PEREIRAS

TABOADELA

 Río Barbaña

     O río Barbaña e un curso de auga do noroeste da península ibérica, afluente do Miño pola esquerda. 

     Discurre pola provincia galega de Ourense.

Descripción
     Discurre pola provincia de Ourense.

     O curso do río  desemboca na marxe esquerda do Miño a altura da ciudade de Ourense.

Taboadela
     Taboadela é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 1.443 habitantes (1.701 en 2003).

     O seu xentilicio  é «taboadelense».

Patrimonio
      Na parroquia de Torán, preto do lugar do mesmo nome, sitúanse as ruínas da torre de Torán, unha antiga construción de planta rectangular, posiblemente torre da homenaxe dun castelo. Está levantada cun basto aparello apenas desbastado. Nos lenzos ábrense estreitas troneiras por tres dos lados, mentres que no lado orientado ao oeste se sitúa unha porta de arco apuntado e cun tímpano dunha peza. Sobre a porta ábrense dúas ventás rectangulares xemelgas. Ten unhas dimensións de 11 metros de longo por algo máis de 8 de ancho, conservando unha altura media de 12 metros.

Comarca de Ourense
     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

     Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 16 de junio de 2023

ORELLÁN - BORRENES - O BIERZO

 ORELLÁN

BORRENES

O BIERZO

Orellán
       Orellán e unha localidade española pertenecente o municipio de Borrenes, na provincia de León, comunidade autónoma de Castilla y León.

Borrenes
      Borrenes é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León.

      Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 306 habitantes no ano 2021, cunha densidade de poboación de 9,13 h/km².

      É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Festividades
    As festas de Borrenes son en xaneiro, en honra de San Vicente.
    As de San Xoán de Paluezas, a primeiros de xuño, para festexar á Virxe da Estrela.
    En Orellán, o 29 de xuño, celébrase a festividade de San Pedro.
    Na Chá, as festas son o 15 de agosto, na honra á Virxe da Encina.


Parroquias
     Borrenes, A Chá, Orellán, San Xoán de Paluezas, Voces

O Bierzo
     O Bierzo é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. 

     A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

     A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega.

     Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

 

jueves, 15 de junio de 2023

ANTIGUA FABRICA DA LUZ DE AS ERMITA - AS ERMITAS - O BOLO

ANTIGUA FABRICA DA LUZ

DE

AS ERMITAS

AS ERMITAS

O BOLO

Río Bibei
     O río Bibei é un afluente do Sil pola esquerda da súa marxe, que a súa vez é un afluente do Miño pola súa marxe esquerda. 

       O seu percorrido de 97 km transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo. A superficie da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 1.561 km².

Fontes
       O Bibei nace no concello de Porto, a partir da union de dous arroios da ladeira setentrional do Moncalvo (2.044 m) co regato de Piatorta, a 1.590 m de altitude. Este regato provén dunha golada entre o alto do Torno (Serra Segundeira) e os contrafortes meridionais de Pena Trevinca (Serra do Eixe), na cal se sitúan as pequenas lagoas de Piatorta ou Piornais.

      Esta paraxe, a 1.870 m, separa a vertente do Bibei (cara ao oeste, que forma parte da conca do Sil-Miño) e a vertente do Tera (cara ao leste, na conca do Esla-Douro).

Percorrido
     Baña inicialmente parte da comarca zamorana da Seabra, onde atravesa a localidade de Porto. Logo de marcar un sentido N-S, pouco despois desta última localidade vira cara ao norte, formando unha ampla elipse. Cruza partes das comarcas ourensás do Bolo e Trives, ata unirse ao Sil, pola esquerda, case en fronte de Montefurado, xa na provincia de Lugo.

     Así o Bibei percorre os municipios de Porto, Viana do Bolo, O Bolo, Manzaneda, A Pobra de Trives, todas en Ourense, e Ribas de Sil e Quiroga en Lugo.

        No seu tramo final serve de linde entre os concellos de Ribas de Sil e Quiroga.

Afluentes
     Os afluentes máis importantes, pola esquerda, son o Camba, que se lle xunta en Viana do Bolo, o Conso, o San Miguel e o Navea. O Xares é o máis importante pola dereita. Todos eles dentro da Galiza.

Réxime hídrico
       O Bibei é o maior do ríos galegos que mostra un réxime de tipo pluvio-nival. Isto é debido ao carácter montuoso da súa cunca, que atinxe o punto máis alto na Pena Trevinca, con 2.127 msnm, onde nace o río Xares.

Historia
       A Vía Nova, ou Vía XVIII, a calzada romana que unía Braga con Astorga. Atravesa o Bibei no linde entre os concellos de Trives e Quiroga.

      Nese punto construíuse a denominada Ponte do Bibei, unha ponte romana erguida en época de Traxano, que constitúe un dos mellores exemplares de enxeñería viaria antiga conservado na Galiza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 14 de junio de 2023

DOMUS ROMANA PEDREIRAS DE LAGO - CARRUCEDO - LEÓN

 DOMUS ROMANA

PEDREIRAS DE LAGO

CARRUCEDO

LEÓN

 Domus romana Pedreiras de Lago
        A domus romana de Pedreiras de Lago conforma unha ampla construción unitaria creada dende o seu inicio con técnicas construtivas e materiais romanos.

     Na planta obsérvase unha distribución das estancias o redor de diferentes patios. 

     Conta con saneamentos ben construídos.

      Ademais, as estancias principais contaban con elementos de adorno seguindo o gusto romano (dinteles ou chemineas decoradas e estancias con morteiros de cal, revocos e estucos con motivos decorativos marmóreos).

      Destaca na contrución un estanque octogonal no centro.

     As escavacións permitiron documentar unha ocupación temprana (ano 30-40 dC.) que continúa ata finais do século II, momento no que foi definitivamente abandonada.

     Durante este período a construción sufriu varias reformas e melloras construtivas.

       Esta construción formaría parte dun conxunto máis amplo coñecido como O Outeiro e que conformaría un dos xacementos máis extensos e importantes dentro  do Espazo das Medulas.

      Pedreiras distínguese doutros xacementos contemporáneos do EC As Medulas pola tradición claramente romana que mostran os seus vestixios (fronte a outros asentamentos que empregan técnicas construtivas de clara raigambre indíxena astur).

      Todo iso, xunto á proximidade da a vía XVIII, emimentemente mineira, que une Astorga - Asturica Augusta - e Braga - Braccara Augusta -, levou a considerar que na mesma estableceríase o aparello administrativo e técnico, e quizais tamén militar, que dirixía as escavacións mineiras.

MAPA 

 

Fuente: Web asturnatura . com

XOAN ARCO DA VELLA