lunes, 18 de abril de 2022

IGREXA DE SAN MIGUEL DE ALBARELLOS - ALBARELLOS - BOBORÁS

IGREXA DE SAN MIGUEL

ALBARELLOS

BOBORÁS

Albarellos
     San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos que en 2006.

Lugares de Albarellos
     Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 16 de abril de 2022

CRUCEIRO PETO DE SEARA DE SALÓN - SALÓN - ALBARELLOS - BOBORÁS

CRUCEIRO PETO DE SEARA DE SALÓN

SALÓN

ALBARELLOS

BOBORAS

 Salón
      Salón é un lugar da parroquia de Albarellos no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño.

     Tiña 61 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 36 mulleres.

     Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 54 habitantes (20 homes e 34 mulleres).

Albarellos
     San Miguel de Albarellos é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     En 2017 tiña 224 habitantes, 129 menos ca en 2007 (172 homes e 181 mulleres) e 146 menos que en 2006.

Lugares de Albarellos
     Abelleira, A Costa, Distriz, Eiravedra, O Igrexario, Lamela, O Paraíso, Paredes, O Regueiro, Sa, Salón, Santo André, A Seara, Sobredo, Valdesenda

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal.

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

Poboación
     No ano 2020 tiña 26.443 habitantes, deles 13.896 eran mulleres e 12.547 homes.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

FERVENZA DOS MUIÑOS DE LAMO - CANDEMIL GONDAR - VILA NOVA DE CERVEIRA

 FERVENZA DOS MUIÑOS DE LAMO

CANDEMIL GONDAR

VILA NOVA DE CERVEIRA

Candemil e Gondar
     Candemil e Gondar (oficialmente, União das Freguesias de Candemil e Gondar) e unha fregresia portuguesa do Concello de Vila Nova de Cerveira, con 10,82 km² de superficie e 359 habitantes (2011).​

     Ten unha densidade de 33,2 hab./km².

Historia
    Foi creada por reorganización administrativa de 2013, constituindose a nueva fregresía tras a fusión das antiguas de Candemil e Gondar.

 
Vila Nova de Cerveira

     Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente por Cerveira) é unha vila portuguesa do Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.


     É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías. O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño. No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.

    A cidade foi fundada polo rei Don Dinís de Portugal en 1321 e hoxe é moi coñecida e visitada pola Bienal Internacional de Arte de Cerveira que ten lugar na cidade desde 1978. O complexo do Fórum Cultural de Cerveira tamén é un lugar para exposicións e outros eventos fóra da Bienal. En portugués Cerveira é coñecida como Vila das Artes. 

     A cidade mantén, entre outras cousas, residencias creativas na Casa do Artista "Pintor Jaime Isidoro" e alberga a Escola Superior de Arquitectura Gallaecia.

     O CineTeatro, convertido en centro cultural e de eventos, o arquivo da cidade (Arquivo Municipal), a biblioteca (Biblioteca) e a Casa do Turismo, aloxados nunha casa histórica de dous andares do século XIX, entre outros son ​​outros lugares de arte que ai que mencionar en Vila Nova de Cerveira.

      Na vila ai unha estación de ferrocarríl, con paso regular trens. Os monumentos arquitectónicos tamén inclúen edificios públicos históricos, fontes de pedra, o centro de artesanía Casa do Artesão, o Aquamuseu do Río Minho (aberto en 2005, dedicado á historia, á flora e fauna do río Miño), a pousada de Don Dinís, e varios de edificios sacros, como a Igrexa Matriz de Vila Nova de Cerveira (tamén Igrexa de São Cipriano) e a igrexa barroca, construída orixinalmente no século XVI.

Alén da de Lovelhe e Vila Nova, Cerveira ten 10 freguesías:
    Campos e Vila Meã
    Candemil e Gondar
    Cornes
    Covas
    Gondarém
    Loivo
    Mentrestido
    Nogueira e Reboreda
    Sapardos
    Sopo

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 15 de abril de 2022

FERVENZA DE PEREIRO OU ENGENHO DE ASERRAR - VILAR DE MURTEDA - VIANA DO CASTELO

 FERVENZA DE PEREIRO

OU

ENGENHO DE ASERRAR

VILAR DE MURTEDA

VIANA DO CASTELO

 Vilar de Murteda

      Vilar de Murteda e unha fregresia portuguesa do concello de Viana do Castelo, con 5,16 km² de superficie e 247 habitantes (2001).

     A sua densidade de poboación e de 47,9 hab/km².

Viana do Castelo
     Viana do Castelo é un concello portugués, capital do Distrito de Viana do Castelo, na rexión Norte e subrexión do Miño-Lima.

     O concello ten 314,36 km² de área e preto de 46.750 habitantes no seu núcleo urbano e 83.000 en todo o municipio, subdividido en 40 parroquias.

      O concello limita ao norte con Caminha, ao sur con Barcelos, ao leste con Ponte de Lima e Esposende, e ao oeste co océano Atlántico.

     As orixes do poboamento remóntanse a antes da era cristiá, existindo ruínas dun castro ou citania no outeiro de Santa Luzia. 

     Recibiu o seu primeiro foro de mans de Afonso III de Portugal en 1258, e o nome de Viana da Foz do Lima en razón da súa localización xeográfica; en 1848 foi elevada a cidade por decreto de María II de Portugal, tendo visto entón a súa designación alterada para Viana do Castelo.

     No século XX foi un dos máis importantes portos da pesca de bacallau.

As freguesías de Viana do Castelo son:

     Afife, Alvarães, Amonde, Anha, Areosa, Barroselas, Cardielos, Carreço, Carvoeiro, Castelo do Neiva, Chafé, Darque, Deão, Deocriste, Freixieiro de Soutelo, Lanheses, Mazarefes, Meadela, Meixedo, Monserrate, Montaria, Moreira de Geraz do Lima, Mujães, Neiva, Nogueira, Outeiro, Perre, Portela Susã, Santa Marta de Portuzelo, (anteriormente Portuzelo), Santa Leocádia de Geraz do Lima, Santa Maria de Geraz do Lima, Santa Maria Maior, Serreleis, Subportela, Torre, Vila de Punhe, Vila Franca, Vila Fria, Vila Mou e Vilar de Murteda.

     É tamén sede da Associação Juventude de Viana de hóckey a patíns.

     Forma parte do Camiño Portugués e foi o lugar de nacemento de Cláudio Basto e Quim Barreiros.

VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA



MESA DOS BISPOS - AS ANTAS - O REGUEIRO - BOBORÁS

 MESA DOS BISPOS

AS ANTAS

O REGUEIRO

BOBORÁS

 MESA DOS BISPOS
      Dúas pedras talladas e levantadas a modo de asentos (unha delas atopase entrada o carón da outra) cada unha dentro dun concello e diocese distinta.

      A lenda conta que se supón que nelas sentábanse os bispos de cada unha das parroquias para discutir o temas dos limites, os comúns e demais.

      Ten gravados símbolos relixiosos.


O Regueiro
     San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     No ano 2007 tiña 181 habitantes (87 homes e 94 mulleres), un menos ca en 2006. 

      É limítrofe coa parroquia do Regueiro do concello do Irixo.

Lugares do Regueiro
     As Antas, O Regueiro de Abaixo, O Regueiro de Arriba, Sonelle

Parroquias de Boborás     
     Albarellos (San Miguel), Astureses (San Xulián), Brués (San Fiz), Cameixa (San Martiño), Cardelle (San Silvestre), Feás (Santo Antón), Laxas (San Xoán), Moldes (San Mamede), Moreiras (Santa Mariña), Pazos de Arenteiro (San Salvador), O Regueiro (San Pedro), Xendive (San Mamede), Xurenzás (San Pedro), Xuvencos (Santa María)

VIDEO

MAPA

 

Fuente: Concello de Boborás

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 12 de abril de 2022

PONTE DE CASTRO CAVADOSO - RÍO ARENTEIRO - MOLDES - BOBORÁS

 PONTE DE CASTRO CAVADOSO

RÍO ARENTEIRO

MOLDES

BOBORÁS

Río Arenteiro
      O río Arenteiro é un curso fluvial galego, afluente do río Avia. Nace a unha altura de 840 m na Pena de Francia.

     Tamén recibe as súas primeiras augas desde riba da aldea da Cabana (no concello de San Cristovo de Cea), un pouco máis abaixo da Pena Bico. Pouco despois pasa pola aldea de Arenteiriño.

     Tras recibir pola banda esquerda o río Oseira baña a vila do Carballiño. Ao final, desemboca no Avia, na parroquia de Pazos de Arenteiro, Boborás, tras percorrer 33 km en dirección NL-SO. 

     Segundo Edelmiro Bascuas, o hidrónimo Arenteiro procede de Argentarium, facendo referencia á prata atopada no curso fluvial.

Moldes
     San Mamede de Moldes é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 180 habitantes (88 homes e 92 mulleres), a mesma cantidade que no ano anterior.

Patrimonio
     Nun pequeno outeiro está o castro de Moldes, aínda sen escavar, onde durante moitos anos se celebrou a feira do Castro, a cal foi indo a menos pola proximidade do Carballiño e a competencia das feiras celebradas alí. 

     Sobre a súa croa érguese a igrexa de San Mamede de Moldes, de orixe románica e da orde do Temple. No seu interior atópanse os restos do escritor Antón Losada Diéguez. Ao seu pé está o templo parroquial, de estilo barroco e no que dúas veces ao ano se celebra a festividade de San Bieito.

     A carón da igrexa nova está o campo da feira, a escola municipal e a casa de Manuel Chamoso Lamas. Preto de alí atópanse dous pazos: o pazo de Moldes (onde viviu Antón Losada Diéguez) e o seu carón un pazo recentemente restaurado (pazo dos Tizón) onde se atopa a Adega Extramundi, de viño do Ribeiro.

     Moldes ten máis mostras do seu pasado como as ruínas do castelo de Castro Cavadoso (derruído na Idade Media na revolta dos Irmandiños) e ao seu carón a ponte medieval do mesmo nome que permite cruzar o río Arenteiro.

      Na beira do río consérvanse restos dun muíño de auga, que aínda se utilizaba nos anos 40 e 50. 

     Tamén, no lugar de Paradela, no que en aparencia é unha bodega, atópase unha antiga capela.


Lugares da parroquia de Moldes
     A Groba, Laxa, Miandreiras, Moldes, Nonás, Paradela, Ponterriza, O Porto do Carro, Valiñas, Xesteira 

VIDEO

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA