Mostrando entradas con la etiqueta ANIMALES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMALES. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de octubre de 2012

BUFO BUFO - SAPO COMÚN

BUFO BUFO
SAPO COMÚN

     Mide entre 112 mm. os machos e 180 mm. as femias. Eso é o normal, pero pode chegar a ter 20 cms (200 mm). A femia é máis grande co macho, xeralmente é o doble.

     Se alimenta de todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non desprecia miñocas, caracois, lesmas,etc.

    Tamén come, si se poñen a tiro, os ácaros, opalións, etc.

     Os sapos moi grandes poden chegar a capturas crías de ratos. Hai varias citas sobre este tema.

    
      Prefere os prados e as hortas para vivir, aínda que moitas veces pode atoparse nas fragas. Atópase dende o nivel do mar ata alturas de 2.600 metros. 

     Pasa o día metido entre as pedras e penedos inda que cando é o tempo de reprodución, perde o medo, e vese tamén de día.
     Activo entre marzo e octubro.

     Hiberna a pouca profundidade entre as follas.

     A reproducción comenza en marzo, pero cando máis se manifesta é no fin da primavera, que é cando se xuntan os machos as beiras dos regos,  emitindo os típicos sons "afrautados". 

     Nese momento aparéanse o macho e a femia. Os ovos van aparecendo en cordóns xelatinosos que semellan un rosario,  e as larvas, son negras. Rematan o proceso no verán. O desenrolo do embrión dura 2-3 semáns e os recén nacidos miden entre 3-6 mm, e dende logo teñen moitos depredadores, é o ciclo da vida.

     O proceso dura logo entre 65 a 108 días ata chegar a alcanzar 32 mm. Abandonan a auga xa cando miden entre 8 a 15 mm. Alcanzan a madurez os tres anos. 

     Mostra fidelidade hacia os lugares de reprodución e chega a recorrer, si fai falta, 3 kms. Influe moito a temperatura e o aire. As pelexas son frecuentes. 

      Os machos pequenos son rápidamente desplazados por outros máis grandes.

     Dende logo o sapo común non vive nos ríos, pero moitas veces non está moi lonxe. Predominantemente é nocturno.

     É unha bendición para os labradores, este sapo é un limpiador exquisito de moitos bichos.  É moi amigo de abrazarse a todo.




 

XOAN ARCO DA VELLA


MANTIS RELIGIOSA - BARBANTESA

 Mantis religiosa 
Barbantesa
(Mantis)



      A Barbantesa ou mantis é incrible. Toda unha máquina de matar.
 
Nome castelán:
     Mantis religiosa. Insecto de Santa Teresa. Campanero. Campamocha. Tata diós. Mamboretá.

     A súa cabeza é movil, as patas raptoras o 100% e a súa incríble vista fan dela un insecto marabilloso. É moi dificil vela , xa que o seu mimetismo é fora de serie e confúndese facilmente co entorno de follas verdes. Si estas non son verdes tamén se adapta.
 

Dimensións:
     Entre 4 e 12 cms. de lonxitude. Os machos son máis pequenos, bastante máis que as femias.
 

Identificación:
     Dependendo onde viva pode ter cor verde ou castaño.

     Ten tres rexións perfectamente diferenciadas: a cabeza, o torax e o abdomen.

     As patas frontais teñen garras para coller as presas mellor.

     Os ollos son compostos e grandes e a cabeza xira ata 180º. Incríble.

     Seica ten tres olliños máis entre as antenas e entre os ollos que se ven, son bastante grandes.


 

Alimentación:
     Ten moitísimo apetito. É moi, moi voraz. 

     Gústanlle todo tipo de insectos: polillas, grilos, chapulíns e moscas. Incluso é posible que se coman unhas a outras.

     Repito é unha máquina de matar. Rapidísima.

     A verdade é que lle vai todo, incluso as vacalouras, que mira que son duras, pois pode con elas, búscalle o xeito e  veña pro bandullo.

     A mantis actua da seguinte forma: sopoñase que Vd. é un grilo, de repente entre a vexetación surxe un ser moi feo, vd. queda paralizado mirando, sorprendido, ¿ que será esto? , mentras unhas patas increibles:


     Veñen super-rápidas é producen un abrazo mortal, cólleno por sorpresa.

     A verdade "dese por morto"...
     As súas mandíbulas son moi fortes e cortan perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.

     O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.
 

Habitats:
     Viven en todo tipo de bosque onde teña plantas. A barbantesa sempre será de cor parecido, si son plantas cor verde, será verde.

     Si son árbores será do cor da árbore.


     Si hai palla o redor será da cor da palla.

     A barbantesa gústanlle sobre todo os prados, xa que neles ten moita posibilidade de comida: saltóns, grilos, arañas, etc.

     É voadora polo que pode cambiar de lugar con facilidade, de tódolos xeitos non voa grandes treitos.

     De tódolos xeitos o orden dos mántidos comprende 8 familias e 2.000 especies. Hai polo tanto moitos tipos.




Reproducción:

     As femias son máis grandes que os machos. Teñen o abdomen máis grande. 
     Sin dúbida trátase dunha amante peligrosa, xa que a cópula remata co seguinte, a femia nun intento de aumentar a potencia sexual e dado que o macho é moito máis pequeno, decapita dun mordisco o macho, para acto seguido, empezar a devoralo.

     O pobre macho morre de amor...nunca mellor dito.
     Esto de tódolos xeitos non ocurre sempre, o macho sálvase moitas veces, pero ten que andar con ollo, nunca mellor dito...

     A posta dos ovos faixe no outono e na primaveira os ovos eclosionan. Pon os ovos en montonciños espumosos que ata as ramas. Esta espuma endurécese e protexe os ovos. Cada saco ten 200 a 300 ovos.

     O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso coñecido como  “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas. Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.

     Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu  exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o cabo dun tempo corto. 


 
Curiosidades:
     Aparte das xa escritas, que non son poucas, a súa rapidez collendo as presas é incríble, realmente teño observado o fenómeno e non me entero, soio cando xa a presa está entre as súas garras.

     É como unha acción borrosa, pola rapidez. Dicen que move os fémures 20 veces máis rápida que o parpadeo dun ollo humán...

     Os ollos permítelle a capacidade de ver imáxenes e cores. Ten ademais visión binocular que lle permite facer cálculos moi exactos.

     A súa postura favorita é polo tanto sosteñerse alzada sobre as súas extremidades posteriores mentras levanta as patas anteriores e mantenas dobladas frente a cara. Parece que está rezando por eso os galegos a chamamos barbantesa, como si fora unha monxa rezando.


     É tamén o único insecto que "pode mirar por riba do ombreiro", efectivamente a súa cabeza pode xirar perfectamente. 

     Son ademais voadores.
     O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso coñecido como  “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas. Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.

     Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu  exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o cabo dun tempo. corto. 

     En certas comarcas de Granada os máis vellos do lugar afirman que a "Santa Teresita", que é como lle llamán alí a Barbantesa é capaz de cortar cós dentes unha cadena de ouro. Evidentemente esto no é certo pero dise xa que é moi rápida e atrapa os insectos dunha forma que é imposible que se escapen xa que no fémur ten moitas espiñas.

     As súas mandíbulas son moi fortes e cortan perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.

     O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.

     Nas Baleares, outra curiosidade, chámanlle "cavalls de serp" e dice algunha xente que as barbantesas traen mansaxes do máis alá.

     Por último hai outro mito que pensa que a barbantesa hipnotiza os demais insectos e así calquera. Unha vez que están quietos e parados lanza as súas patas e logo a comer...

     Evidentemente non fai falta hipnotizalos a súa rapidez é incrible e os insectos quedan atrapados rápidamente coas súas patas anteriores.



XOAN ARCO DA VELLA

SALAMANDRA - PÍNTEGA COMÚN

Salamandra salamandra
SALAMANDRA JASPEADA
PINTEGA COMÚN

     
Hasta 20 cm (rara vez 25 cm). Es una especie de movimientos lentos que se reconoce con facilidad por su colorido, aunque las manchas pueden ser muy pequeñas o incluso juntarse para formar rayas. Ninguna otra especie europea tiene una coloración similar.
     Los colores avisan de la desagradable secreción cutánea. Se aparea en tierra durante el verano, aunque la hembra mantiene los huevos dentro de su cuerpo hasta la primavera: la hembra sólo entonces se dirige al agua. Hacia esta época los huevos eclosionan y la hembra introduce su porción posterior en el agua para permitir que los recién nacidos naden.

     
     En algunas zonas la hembra retiene a los jóvenes en su cuerpo hasta que se convierten en adultos en miniatura; ella nunca se introduce en el agua.


Hábitat:
     Principalmente en bosques húmedos del interior. Sur y centro de Europa. Vive en los bosques y por lo tanto terrestre, evita los prados así como los rincones muy abruptos y el matorral seco.
 


XOAN ARCO DA VELLA

AS GAIVOTAS

AS GAIVOTAS
     
     As gaivotas son aves voadoras da familia "Laridae". Atópanse estreitamente relacionadas coas cos membros da familia Sternidae, e a máis distancia coas aves zancudas. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.
     As gaiovotas son en xeral páxaros grandes, de cor gris ou branca, a míudo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos.


     A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoros ou detrívoros (tomarán a comida viva ou a recollerán do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta cangrexos e peixes pequenos.
     As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograren unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos.


     Son aves listas e intelixentes, con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenrolada. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.
     Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home medrando as súas poboacións en zonas preto de núcleos urbanos costeiros.

      
Os ornitólogos clasifican ás gaivotas en dous subgrupos:
  • As gaivotas de testa branca e ás grandes ex. Larus argentatus, Larus marinus, Larus fuscus.
  • As gaivotas de ás brancas menores ex. Larus glaucoides, Larus hyperboreu
     A hibridación entre as especies de gaivota adoita ser frecuente, aínda que depende das especies.
     A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de testa branca.



XOAN ARCO DA VELLA

ÁNSAR COMÚN - ANSER ANSER


ANSER ANSER
ÁNSAR COMÚN

     
     Anser anser o ánsar común es un ave de la familia Anatidae caracterizado por su cuerpo grande, con el pico grueso y naranja, plumaje gris pardo, patas rosas y parte caudal inferior blanquecina.
 
     Su voz es muy fuerte, a modo de trompeteo.
 
     Anida en el suelo, tapizando el nido parcialmente; pone de cuatro a seis huevos en una nidada, de mayo a junio.
 
     Se alimenta arrancando hierbas y brotes del suelo; a veces, excava buscando raíces y bulbos.
 
     Cría en casi toda Europa. En zonas húmedas; a veces, pantanosas. En muchos casos, los individuos introducidos se naturalizan y se hacen residentes, perdiendo su carácter salvaje, en parte.




 
XOAN ARCO DA VELLA

OURIZO CACHO - ERINACEUS EUROPAEUS




ORIZO CACHO

OURIZO CACHO

OURIZO CACHEIRO

ERINACEUS EUROPAEUS


 
 
      O orizo cacho, ourizo cacho ou ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) é un mamífero insectívoro que abunda nas fragas galegas e nas pradarías que teñen arbustos, sebes e valados onde agocharse.
     Os adultos poden chegar a pesar máis dun quilo. A súa característica máis rechamante son as pugas ou puntas de que está revestido. Os músculos cutáneos permítenlle envolverse e formar unha bóla de pugas contra a que os seus inimigos naturais son impotentes. Ás veces é presa de cans, raposos, porcoteixos, lamotes ou curuxas.

     Non teñen pescozo e os seus ollos son pequeniños. As orellas son redondeadas e o fociño aguzado. A súa dentamia componse de 36 pezas. As súas catro patas son curtas, teñen 5 dedos e están providas de fortes unllas. Ten un rabiño pequeno. Os machos son máis grandes que as femias, e o abdome é dunha cor parda máis clara que as pugas. As femias poden ser tamén da cor da cinza.

     Son animais lentos, aínda que poden apurar o paso. Camiña moito e sabe nadar. No caso de presentir perigo tenden a inhibirse e enrodelarse sobre si mesmos. Emite sopridos e asobíos. O seu olfacto está moi desenvolvido.


      
      Vive en bosques con abundante vexetación, pero sobre todo gusta de terreos con matogueiras, silveiras e arbustos. É un animal frecuente nos montes e aldeas de Galiza e nos arredores das vilas. En Inglaterra e noutros países europeos vive nas zonas periféricas das poboacións e mesmo nos xardíns das casas e nos parques urbanos.

     O seu maior inimigo hoxe é o ser humano. Os pesticidas foron noutrora causa da súa morte pero a mortandade accidental nas estradas e autovías galegas é hoxe o seu maior problema. Moita menor incidencia no descenso de exemplares téñena os seus depredadores naturais.


        
      Procura xeralmente o alimento de noite, cando se mostra moito máis activo. Caza e come sobre todo insectos, pero pode alimentarse de caracois, limachas e mesmo ras

     Esta dieta compleméntaa ás veces con ovos de aves que aniñan no chan, con landras, castañas e outros froitos e bagas. A súa actividade é sobre todo nocturna, polo que pode ser visto á tardiña. 

     As luces dos coches céganos ou asústanos e ao se encoscaren son atropelados. Polo día está en niños inaccesibles, normalmente no medio de matogueiras densas ou silveiras nas que lle é doado introducirse. 

     Ten sempre varios niños no seu territorio, mudando adoito de agocho.



     Normalmente teñen dous períodos de celo, un cando comeza o bo tempo e outro entre agosto e setembro. 

     A xestación dura uns dous meses. Poden chegar a ter cinco ou seis crías, que ao primeiro son de cor rosa e nacen cegas. Non abren os ollos ata a idade de dúas semanas. Aos tres días dispoñen de pinchos que se van endurecendo pouco a pouco.

     Maman uns vinte días e a partir do mes acompañan á nai nas súas saídas e exploracións. A partir das cinco ou seis semanas independízanse.

     A madurez sexual chégalles aproximadamente aos dez meses.

     O ano dos orizos cachos dívídese nun período de actividade entre abril e novembro e un período de hibernación que pasan nos seus niños cando comeza a facer frío. Espertan coa primavera cando soben as temperaturas.

XOAN ARCO DA VELLA