martes, 7 de diciembre de 2021

IGREXA SANTO ESTEVO NÓVOA - NÓVOA - CARBALLEDA DE AVIA

IGREXA DE SANTO ESTEVO NÓVOA

NÓVOA

CARBALLEDA DE AVIA

Santo Estevo de Nóvoa
      Santo Estevo de Nóvoa é unha parroquia do concello de Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 38 eran homes e 54 eran mulleres.

Lugares de Santo Estevo de Nóvoa
     Santo Estevo


Carballeda de Avia
     Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes.O seu xentilicio é carballedés ou aviao .

Xeografía
      O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Historia
     Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio
      A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

     A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros.

A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Parroquias de Carballeda de Avia     
     Abelenda das Penas (Santo André), Balde (San Martiño), Beiro (San Pedro), Carballeda (San Miguel), Faramontaos (San Cosmede), Muimenta (San Xiao), Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo), Vilar de Condes (Santa María)


Comarca do Ribeiro
      A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

     A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de diciembre de 2021

IGREXA DE SAN XUSTO DE REPOSTERÍA - REPOSTERÍA - PALAS DE REI

 IGREXA DE SAN XUSTO DE REPOSTERÍA

REPOSTERÍA

PALAS DE REI

 San Xusto da Repostería
      San Xusto da Repostería é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 31 habitantes, (12 homes e 19 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Lugares de San Xusto da Repostería
      Outeiro, Pulleiro, San Domingos, San Xusto, Vilafofe

Palas de Rei
      Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio é «palense».

     O lugar aparece mencionado nun documento de 1153 como pallatium Regis. Con todo, podería non derivar de pazo senón do topónimo Palas, referido a covas de lugares calizos.

Historia
     No concello consérvanse restos prehistóricos, como mámoas, dolmens e castros. Trala romanización, o lugar estaba atravesado por unha vía romana cara a Lugo. No século VI pertencía ao condado de Ulliensis.

      Na Idade Media o camiño de Santiago trouxo, amais do estilo románico, a prosperidade á vila, que aparece citada no Códice Calixtino. Na parroquia de Vilar de Donas está a Igrexa románica de Vilar de Donas, de orixe monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.

     Consérvanse restos de fortalezas, torres, castelos, pazos e casas brasonadas, como a casa-torre de Filgueira, a casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia (que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, antecesores do fundador de Pambre), a casa de Ulloa (cos escudos dos Saavedra, Montenegro, Gaioso e Deza), o pazo Mariñao, a fortaleza do Castro de Seixas (en Merlán, de onde procede a liñaxe dos Vázquez de Seixas), o pazo de Pacheco e o castelo de Pambre, erguido por Gonzalo Ozores de Ulloa cara a 1375,unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, que resistiu a Gran Guerra Irmandiña en 1467.


      Na segunda guerra carlista Palas de Rei foi un dos poucos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria.

     O mesmo que noutros moitos lugares de Galicia, no 1936 en Palas tamén tiveron lugar asasinatos, como o de Camilo Díaz Baliño.

Comunicacións
     A vila de Palas de Rei está atravesada pola vía francesa do Camiño de Santiago. Amais, atravésaa a estrada N-547, que comunica cara ao oeste con Santiago de Compostela, Melide e Arzúa, e cara ao leste coa estrada N-540, que leva cara a Lugo e Ourense.


Parroquias de Palas de Rei    
     Albá (Santiago), Ambreixo (San Vicenzo), Augas Santas (San Xurxo), Berbetouros (San Miguel), Cabana (Santiago), O Carballal (San Sebastián), Carteire (Santa María), Coence (San Mamede), Covelo (San Xoán), Cuíña (Santa María), Curbián (San Martiño), Felpós (San Tomé), Ferreira de Negral (San Martiño), Filgueira (San Tomé), Fontecuberta (Santa Mariña), Laia (San Xoán), Lestedo (Santiago), Maceda (San Miguel), Marzá (Santa María), O Mato (San Xoán), Meixide (San Pedro), Merlán (San Salvador), Moredo (San Fiz), Mosteiro de Devesa (Santiago), Orosa (Santo André), Palas de Rei (San Tirso), Pambre (San Pedro), Pidre (Santa María), A Puxeda (Santa María), Quindimil (San Miguel), Ramil (San Martiño), Remonde (San Miguel), Ribeira (San Salvador), Salaia (San Pedro), San Breixo (Santa María), San Cibrao da Repostería (San Cibrao), San Mamede do Carballal (San Mamede), San Miguel de Coence (San Miguel), San Xiao do Camiño (San Xiao), San Xusto da Repostería (San Xusto), Ulloa (San Vicente), Vilar de Donas (San Salvador), Vilareda (San Pedro) 

Comarca da Ulloa
     A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. 

      A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. 

     No ano 2020 tiña 8.879 habitantes, 4.430 homes e 4.449 mulleres. 

     O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca. 

MAPA 

 

 XOAN ARCO DA VELLA

 

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ANXERIZ - ANXERIZ - FRIOL

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE ANXERIZ

ANXERIZ

FRIOL


Anxeriz
     Santa María de Anxeriz é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo.

     Tiña 67 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 34 homes e 33 mulleres distribuídos en 9 entidades de poboación.

     O que supón unha diminución de 30 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 97 habitantes (50 homes e 47 mulleres) e 37 menos que en 2004.

Lugares de Anxeriz
     Anxeriz, O Coto, Cuíña, Ferreira, As Penelas, Piñeiro, Rosende, O Sabugueiro, Sisto

Comarca de Lugo
     A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo.

      A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.


Friol
     Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

     Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes.

     O seu xentilicio é «friolés».

Parroquias de Friol     
     Anafreita (San Pedro), Anxeriz (Santa María), Bra (San    Martiño), Carballo (San Xiao), Carlín (Santa María), Cotá (San Martiño), Friol (San Xiao), Guimarei (Santa María), Guldriz (Santiago), Lamas (Santa María), Lea (San Xurxo), Madelos (Santalla), Miraz (Santiago), Narla (San Pedro), Nodar (San Mamede), Ousá (San Xiao), O Pacio (Santa María), Prado (San Martiño), Ramelle (Santa María), Rocha (San Cosmede), Roimil (San Xiao), San Cibrao da Pregación (San Cibrao), San Martiño de Condes (San Martiño), Santalla de Devesa (Santalla), Seixón (San Paio), Seoane da Pregación (San Xoán), Serén (Santa Cruz), Silvela (Santa María), Trasmonte (Santiago), Vilafiz (Santa María), Vilalvite (San Pedro), Xiá (Santa María) 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE BERREDO - BERREDO - AGOLADA

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE BERREDO

BERREDO

AGOLADA

 Berredo
     Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. 

     Segundo o IGE de 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Xeografía
     Está situada ao norte do concello. Limita ao norte co concello de Santiso, ao este con Eidián e ao sur e ao oeste con Artoño

Patrimonio
    Igrexa de Santa María de Berredo, románica, construída a finais do século XII, da que só se conserva a ábsida semicircular e os arranques da nave. Na ábsida, as columnas exteriores foron substituídas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.

Festas
     A parroquia celebra tres festas no ano: o 3 de febreiro, San Brais; o segundo domingo de maio, Santa Lourdes; e os días 15 e 16 de agosto, Santa María, a patroa e o San Roque respectivamente.

Lugares de Berredo
     O Almacén, Barrio, A Casa de Ascontra, As Casiñas, Cornella, O Corval, A Eirexe, O Pradeiro, Quintá

Comarca de Deza
      A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
     A comarca de Deza ven coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño, ao leste coas de Ulloa e Chantada e ao oeste con Tabeirós-Terra de Montes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA