sábado, 10 de enero de 2026

RESTOS DA ALDEA DE PUNXEIRO OU AS CORTES - DONÓN - O HÍO - CANGAS

 RESTOS DA ALDEA DE PUNXEIRO

DONÓN

O HÍO

CANGAS

      Na ladeira este de o Monte do Facho, á beira do camiño que une Donón e Vilanova, atópanse os restos da aldea de Punxeiro, ou As Cortes como tamén se lle coñece.

      Son un conxunto de oito humildes edificacións que serviron tanto para uso doméstico, como para almacenaxe ou uso de animais.

     Hai indicios que fan crer que a aldea ten a súa orixe na Idade Media. 

      Pero sábese que foi abandonada no século XVIII, cando a aldea quedou sen auga por secarse o río próximo. 

      En épocas máis recentes os seus restos foron utilizados como cuadras para o gando, dando así o nome de As Cortes.

Donón
     Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famosa polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. 

      Segundo o IGE, en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).

Etimoloxía
      Donón é un termo derivado do celta "dunium", relaciónase co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte (era un dos fillos de Mil na saga irlandesa), consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa derradeira viaxe.

O Santuario do Facho
     Está coroado polo "Facho", un antigo santuario romano dedicado ao deus lar Berobreo. A escavación no Monte do Facho forma parte dun proxecto de investigación adicado ao estudo da romanización dos santuarios indíxenas no occidente hispánico. 

      A primeira campaña levou ao achado do santuario de Berobreo ata agora descoñecido. Atopáronse máis de 180 aras, moitas delas in situ, e observouse a existencia dos lugares da súa colocación exacta. Algunhas localizacións forman parte dun recinto maior. 

      O santuario dátase entre os séculos III-IV d.C. e construíuse enriba dun castro anteriormente abandonado. 

     O primeiro asentamento parece datar da Idade de Bronce e ter un gran tamaño, o segundo xa pertencente á segunda metade do primeiro milenio é un castro da mediano tamaño. 

      Foi abandonado pola grande influencia romana aínda que seguiu existindo como santuario de peregrinación sobre as ruínas do poboado.

Praias
     Posúe dúas praias principais, a de Melide e a de Barra, esta última unha das praias nudistas máis coñecidas de Galiza. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901