sábado, 10 de enero de 2026

CRUCEIRO PINTADO - TOUTÓN - MONDARIZ

 CRUCEIRO PINTADO

TOUTÓN

MONDARIZ

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz.  

       Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).

      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A fachada principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

       É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

       Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901