PETRÓGLIFO DE PENA LONGA " UN "
A BREXA
CORTEGADA
SILLEDA
Petroglifos
Outras mostras da cultura prehistórica a salientar en Silleda son: a Rocha de Penadauga en Escuadro, cargada de ritos e tradicións, os petroglifos da Pena das Cazolas en Laro, do Chao de Petos en Oleiros, a Peneda do Encanto en Siador, os gravados de Primadorno en Breixa e o conxunto de Pena Longa en Cortegada.
Tamén as rochas gravadas da Mámoa da Braña, de Refoxos e as Brazaletas de ouro de 24 kilates atopadas en Barravaite, en Lamela, hoxe no Museo de Pontevedra, forman parte do rico patrimonio histórico do concello. Nesta sección atópanse os xacementos que son doados de visitar.
Petróglfo de Pena Longa "DOUS"
Situación: A Brea - Cortegada
Época: Idade do Bronce
Cronoloxía: 2000-1500 a.C.
Como Chegar: Collendo a estrada de Silleda a Laro, pasando o núcleo de Cortegada, na recta coñecida como dos Chaos, a media distancia, tomando como referencia un peto cunha cruz na entrada dunha casa, cóllese un camiño á esquerda ata chegar a unha granxa. Tan pronto se pasa esa explotación tómase un desvío á dereita e a uns 200 metros nunha toxeira situada á esquerda están as rochas.
O conxunto está formado por tres rochas graníticas con gravados. A primeira é unha laxa inclinada, con orientación SSL, duns 2,4 m. de longo e 2 m. de ancho, que presenta tres combinacións circulares.
O segundo afloramento trátase tamén dunha peneda granítica na que se atopan os gravados en dúas superficies horizontais a distinta altura, de maneira que algúns deles están no fondo dunhas pías naturais. Estas inclúen cazoletas e combinacións circulares.
A terceira é unha laxa granítica de grandes dimensións, alongada e plana, que tan só ofrece unha combinación circular de catro círculos de aproximadamente 60 cm. de diámetro.
Cortegada
Lugares:
O Barral, A Brea, Camporrapado, Cardigonde, Cortegadela, Covas, Fondevila, Framiñán, Regalade, Segade, Xubín, O Burgo, Os Chaos, A Pena, A Revolta.
Información:
Parroquia das de maior superficie do concello e unha das máis poboadas. É acreedora de atención por datos históricos de certo interese.
Tiña feira propia en Camporrapado o día 24 de cada mes e foi paso obrigado cara ao Ribeiro polo camiño de ferradura que o cruzaba.
No S. XVIII tiña censados dez taberneiros e quince arrieiros. Destacar, os vestixios da vida primitiva dos gravados rupestres da Pena Longa e do Castro do Cura en Cardigonde.
Na arquitectura relixiosa a igrexa do S. XVI e as capelas de S. Brais da Casa de Os Chaos, famosa pousada de arrieiros; de Framiñán dedicada a Sta. Lucía e a dos Aflixidos, en Camporrapado, do ano 1812. En Camporrapado atópase a casa natal do político galeguista Antón Alonso Ríos (1887-1980) e do ilustre médico Alfredo Ramos(1898-1960).
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Turismo de Silleda
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901