IGLESIA DE CASTROMAIOR
PORTOMARÍN
LUGO
Santa María de Castromaior
Santa María de Castromaior é unha parroquia do concello de Portomarín na comarca de Lugo, na provincia de Lugo.
No ano 2007 contaba con 33 habitantes, deles 14 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón o mantemento no número de habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Camiño de Santiago
Castromaior é unha localidade da etapa Portomarín-Palas de Rei do Camiño Francés a Santiago de Compostela.
Portomarín
Portomarín (do latín "portumarini", 'porto ou paso fluvial de pouca profundidade') é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 1.624 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.
Poboación
Censo 2014 - 1.624 habitantes.
Historia
Prehistoria
Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.
Época romana
A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Don Gutierre e á condesa Dona Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).
Idade Media
Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalería.
Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Temple.
Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da igrexa de san Nicolao.
En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.
Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.
En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.
A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.
Idade Contemporánea
O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.
O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata ou seu actual emprazamento. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo no seu actual emprazamento), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII.
Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o peirao e a primitiva ponte.
A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolao, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.
Parroquias de Portomarín
Bagude (San Bartolomeu), Caborrecelle (San Xulián), O Castro de Soengas (San Martiño), Castromaior (Santa María), Cortapezas (Santa María), Fiz de Rozas (San Lourenzo), Gonzar (Santa María), León (San Martiño), Narón (Santa María), Nespereira (San Cibrao), Portomarín (San Nicolao), Portomarín (San Pedro), Recelle (San Pedro), Sabadelle (San Salvador), San Mamede de Belaz (San Mamede), San Mamede do Río (San Mamede), Soengas (Santiago), Vedro (San Martiño), Vilarbasín (San Pedro), Vilaxuste (San Pedro)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901