miércoles, 2 de julio de 2014

IGLESIA DE SAN MARTIÑO - CAMEIXA

IGLESIA DE SAN MARTIÑO
CAMEIXA
BOBORÁS
OURENSE


 Boborás
     O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea Conxunto Histórico- Artístico declarada no ano 1975, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial.


     O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio. 


     Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos.


     As pontes medievais tamén teñen unha importancia no municipio, como unión de camiños e cruce sobre os ríos máis importantes da comarca e que por o noso concello pasan, o Arenteiro, o Avia e o Viñao.


     As rutas de sendeirismo, trazan camiños por algúns dos puntos máis interesantes do concello, ofrecéndolle o visitante tanto un contacto coa natureza como coa arte e o patrimonio.


     As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.


     Por todo isto e moito máis, invitámolosa que se acheguen ao noso concello e así poderán coñecer os encantos que Boborás e as súas parroquias  aínda esconden.


Iglesia de san Martiño de Cameixa
     Igrexa de estilo románico rural, a cal sufriu reformas no século XVIII e XIX e non obstante aínda conserva ese aire antigo medieval reflectido na pedra tallada e moldeada.


     Estrutura sinxela que consta dunha nave con ábsida semicircular, decorado con arcos cegos e decoración vexetal. 


      Ornamentación exterior que achega dinamismo; o remate da fachada, a ventá e o corpo da fachada é de estilo neoclásico.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901