miércoles, 2 de julio de 2014

DOLMEN DE PEDRA MOURA - CARBALLO

 DOLMEN DE PEDRA MOURA
ALDEMUNDE
BRAÑAS DO CARREXAL
CARBALLO


Carballo
     O concello ten 187 km², sendo un dos municipios de maior tamaño da provincia da Coruña. O termo municipal de Carballo sitúase entre os primeiros cumios das serras de Soneira e Montemaior. 
 

     Limita ao sur con Val do Dubra, que separa ámbalas dúas formacións montañosas, ao oeste limita cos concellos de Coristanco, Ponteceso e Malpica de Bergantiños, ao norte limita co Océano Atlántico, mentres que ao leste linda cos concellos da Laracha e Cerceda.



     Entre os accidentes xeográficos de Carballo cómpre salientar, ao sur, o monte da Peniqueira e do Castro (350 m), Monte Calvelo (389 m) e Monte Alto (483 m). 


     O río Anllóns atravesa o término municipal de sueste a oeste formando o val do Anllóns. Na canle dun dos seus afluentes, o río Taboada, fórmase a fervenza de Entrecruces.



     Ao norte, xa próximos á costa, están os montes de Lendo, Oza e Monte Neme, de 386 metros.


     Especialmente salientable pola súa importancia ecolóxica e paisaxística é a franxa costeira de Razo - Baldaio, integrada por unha serie de marismas, unha lagoa e longos areais litorais.



Domen Pedra Moura
3.500-2.500 antes de Cristo
     O dolmen de Pedra Moura é un dos máis grandes de Galicia. Este antigo monumento funerario arrastra milenios ás súas costas. 


     A historia dátao entre o 3.500 e o 2.700 antes de Cristo, na época de apoxeo da cultura megalítica. Hoxe en día só conserva cinco dos sete chantos que a constituían en orixe.


     Di a lenda que as pedras que conforman esta anta foron carrexadas por unha muller dende o petón de Calvelo, mentres fiaba na roca e aleitaba unha crianza.


      Está situado no interior do concello, na parroquia de Aldemunde, a máis pequena de Carballo, nunha zona de grande interese paisaxístico e ecolóxico. 
 

     Preto atopamos o castro de Aldemunde e, na mesma parroquia, un espazo natural de gran valor, a Ribeira da Pena, un dos bosques autóctonos máis importantes da Costa da Morte.


Dolmens
     Baixo os dolmens galegos hai fabulosos tesouros enterrados...  Iso contan as lendas e algo debe de haber porque o que si se sabe é que están relacionados cos grandes ritos funerarios.


     Os dolmens son construcións do Neolítico formadas por grandes laxas de pedra. En Galicia, coa abundancia de rocas de granito, os dolmens adquiren unha dimensión especial e sorprenden pola súa audacia construtiva.

MAPA
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901