CRUCEIRO DA ROSCA
CALDELAS
PONTE CALDELAS
Cruceiro da Rosca
O Cruceiro da Rosca atópase en Caldelas, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), situado actualmente nun curruncho da entrada da Casa Reitoral.
Nome:
Debe o seu nome (da Rosca) á coroa que rodea os brazos da cruz.
Emprazamento orixinal:
Estaba situado orixinalmente na Rabadeira, no Campo de Cuñas (monte detrás do Castelo Grande).
Orixe:
Foi levantado en memoria de María Pazos, que faleceu tras ser alcanzada por un raio mentres gardaba o gando no monte.
Traslado:
En 1979, o cura párroco (D. Antonio Carballo Coto) decidiu trasladalo á súa localización actual fronte á reitoral por medo a que fose roubado, debido ao singular do seu deseño.
Significado:
O escritor Castelao, na súa obra “As cruces de pedra na Galiza”, asocia este tipo de cruces cun significado funerario.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA







No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901