miércoles, 2 de septiembre de 2026

CRUCEIRO DA COSTA - A ERMIDA - MARCÓN

 CRUCEIRO DA COSTA

A ERMIDA

MARCÓN

Cruceiro da Costa
      O Cruceiro da Costa é un monumento relixioso tradicional de arte popular catalogado en Patrimonio Galego, situado no lugar da Ermida, pertencente á parroquia de San Miguel de Marcón, no concello de Pontevedra.

     Debe o seu nome popular á gran costa sobre a que se sitúa o camiño ao saír do lugar da Ermida en dirección cara a Ponte Caldelas.

Localización: 
     Atópase nunha pequena veiga.

Estrutura: 
      Érguese sobre unha plataforma graduada con tres chanzos de planta cadrada.

Baseamento: 
     De perfil rectangular. Conta con inscricións (epígrafes) tanto na súa parte frontal como no lateral esquerdo, aínda que actualmente son ilexibles debido ao seu avanzado estado de erosión polo paso do tempo.

Varal e fuste: 
     Comeza cunha basa cunha gran moldura de toro rematada en caveto. 

       Un elemento singular é que no anverso desta basa loce gravada unha caveira sobre dúas tibias, unha representación clásica asociada á morte e á redención.

Cronoloxía: 
      Descoñecida. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901