TORRE DE CÁLAGO
RÚA CAMPO
VILANOVA DE AROUSA
Torre de Cálogo
A torre é o único resto que permanece en pé do antigo mosteiro beneditino de San Cibrao de Cálogo, fundado por San Frutuoso no s. VII.
O mosteiro foi destruído por ataques normandos nos séculos IX e X.
De base cadrada, está formada por perpiaños de granito, e no alto mantense parte dunha espadana con doce arcos de medio punto nos que outrora habería outras tantas campás. Tamén se conservan restos dunha escaleira exterior, desde a que se accedería ao campanario.
A torre sitúase na parte máis alta do terreo, non ten ningún tipo de elemento decorativo e estaba separada do resto de edificacións, polo que todo parece indicar que se trataba dunha edificación defensiva construída para dar aviso da presenza de invasores chegados por mar.
Deste xeito formaría parte dun sistema defensivo máis complexo no que se integrarían as distintas torres e fortalezas existentes ao longo da costa e que culminarían coa fortaleza e Torres do Oeste.
Recentemente localizouse un documento datado no 884 no que se recolle unha doazón ao mosteiro, e na que se fai mención expresa dos peregrinos a Santiago de Compostela, o que a converte na referencia máis antiga, ata o momento, do Camiño de Santiago na comarca.
MAPA
Fuente: Web Mar de Santiago
XOAN ARCO DA VELLA







No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901