MUIÑO DE VENTO DE AGRA
CAMPO DE CORTES
MIRAFLORES
MUROS
Situado na zona denominada “Agra do Alcalde” érguense os restos dun muíño de vento edificado a finais do século XIX e que traballou até as primeiras décadas do século XX.
Debido a boa aceptación dos cultivos de millo na zona, os muíños de río quédanse insuficientes e varios particulares edifican outros tipos de muíños como sería o deste caso.
A torre cilíndrica, de pedra, érguese sen ningún tipo de plataforma a unha altura de 3,5 metros. O diámetro interior mide 3,3 m. é os muros teñen unha anchura de 0,75 m. Unha única porta orientada ao SL e unha xanela na planta superior.
Tamén presenta como curiosidade un zócalo de 60 cm. de altura cunha forma achafranada. As velas serían de lona, fixadas nunha cuberta xiratoria.
Este exemplo, xunto co do Casuco ou da Punta Sampedreño, na parroquia de Tal, son os dous que aínda sobreviven (só a estrutura), mais existe constancia e restos de polo menos sete muíños de vento no Concello.
Para chegar a el saímos dende a ermida do Espírito Santo no Campo das Cortes collendo a pista forestal que conduce a Taxes.
Unha vez pasadas as Cortes do Gando collemos o primeiro desvío a man dereita que leva a Miraflores, a escasos 300 m. do cruce, nun montículo a man dereita vense os restos deste muíño.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
Texto: XOKAS
XOAN ARCO DA VELLA








No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901