IGREXA DE SANTIAGO DE LOURO
LOURO
MUROS
Datada no século XVIII aínda que ten a súa orixe na idade Media.
Presenta unha planta moi sinxela con muro de cantería de granito nos que apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cuberta a dúas augas de tella, recentemente construída.
Na entrada da nave encóntrase un coro ao que se accede a través dunha escaleira apegada ao muro.
Na cabeceira está a ábsida, de menor altura, cuberta con bóveda de canón e dende á que se accede a sancristía apegada nun dos seus laterais, obra do 1860, cando se produciu unha importante reforma.
O exterior é moi sinxelo
A fachada principal presenta a porta de acceso decorada con arco de medio punto con diversas molduras apoiados sobre cornixas e columniñas, un oco sinxelo na parte de arriba e rematada por unha espadana de dobre arcada con frontón triangular e pináculos.
Apegado á igrexa encóntrase o cemiterio formado por nichos e enterramentos no adro.
Comarca de Muros
A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros.
A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros.
Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co océano Atlántico.
MAPA
Fuente: Turismo de Muros
XOAN ARCO DA VELLA











No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901