jueves, 5 de marzo de 2026

PENA TARTARUGA - ALVIDRÓN - ANTAS DE ULLA

 PENA TARTARUGA

ALVIDRÓN

ANTAS DE ULLA

     Lugar de lenda asociado a dous grandes volumes formados por varias rocas, están separadas por un corredor central a través do cal se accede ao seu parte alta. 

     No cara sur do volume situado ao oeste aparecen varios signos gravados na superficie vertical da roca inferior. 

      Poderían estar raspadas recentemente, distínguense claramente 9 cruces, aínda que o deseño e aspecto dunha delas parece indicar que podamos estar ante un gravado antigo, quizá medieval. 

       Na parte alta, e bastante chaira, do volume do oeste, existen dúas zonas nas que a falta de pedra mostra os efectos da erosión.

      A lenda cóntanos que estas rocas levounas unha Moura na cabeza ata alí, os ocos de arriba eran empregados pola Moura. 

     O nome, Pena Tartaruga, débese á súa forma, actualmente está bastante oculta por vexetación no seu flanco oeste, no leste existe nunha leira próxima un piñeiral, en resumo, resulta difícil percibir de lonxe a súa forma, como si ocorría hai anos. 

      De lonxe os veciños deberon de asimilar as súas formas redondeadas ao caparazón dunha tartaruga. 

      Unha xoia situada nunha das zonas de Galicia menos habitada e coñecida

VIDEO 

MAPA

 

 Fuente: Josiño Souto

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901