miércoles, 11 de marzo de 2026

CRUCEIRO DE OLEIROS - OLEIROS - RIBEIRA

 CRUCEIRO DE OLEIROS

OLEIROS

RIBEIRA

Oleiros
      San Martiño de Oleiros (á espera da oficialización da forma San Martiño de Oleiros é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. 

      Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.

Patrimonio
      A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.

      Ten planta de cruz latina coa sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras, que sosteñen unha bóveda de canón. 

      No segundo tramo atópanse dúas capelas laterais xemelgas, construídas na década de 1940 e cubertas con bóveda de aresta, ao igual que o prebisterio e a sancristía. A fornela principal atópase unha imaxe de Martiño de Dumio.

      Do templo primitivo, posiblemente de orixe románica, só queda unha estatua da Mater Dolorosa, situada nun dos muros do adro tallada en granito.

      Nesta parroquia está situado o dolmen de Axeitos. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901