martes, 13 de enero de 2026

IGREXA DE SAN MIGUEL - CARBALLEDA DE AVIA

IGREXA DE SAN MIGUEL

CARBALLEDA DE AVIA

      Igrexa de época barroca feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina e cuberta a tres augas.

      Na súa fachada principal destaca a decoración da porta de acceso.

      Por riba dela vemos unha fornela na que aparece a imaxe do patrón loitando cun dragón.

       O conxunto remata cunha torre campanario situada nun dos laterais da fachada, con dúas balaustradas en pedra. 

      Nela apreciamos un escudo coas armas dos Sarmiento. 

Comarca do Ribeiro
       A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

        A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Texto: Oscar Franco

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901