lunes, 15 de diciembre de 2025

MUIÑO DE BARBEITO - FESTÍN - TOUTÓN - MONDARIZ

 MUIÑO DE BARBEITO

FESTÍN

TOUTÓN

Festín
    Festín é un lugar da parroquia de Toutón, no concello pontevedrés de Mondariz, na comarca do Condado. 

      Tiña 45 habitantes no ano 2013 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales eran 22 homes e 23 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 76 habitantes. 

Toutón
      San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. 

     Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) 179 menos que en 1999, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio
      A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur.

      É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez que igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo.

Festas
      Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

Lugares de Toutón
      Aboal, Casco, Festín, Lordelo, Portacurbo  
 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901