IGREXA DE SANTIAGO DE CAROI
A EIREXE
CAROI
CERDEDO COTOBADE
A Eirexe
A Eirexe é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE no ano 2024 tiña 6 habitantes (2 homes e 4 mulleres), 4 menos que en 2007.
Toponimia
O topónimo A Eirexe (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa parroquial de Santiago de Caroi.
Patrimonio
Preto do lugar, xunto ao río Almofrei, hai un muíño. Tamén hai na aldea dous cruceiros.
Caroi
Santiago de Caroi é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.
Historia
O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona.
A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.
Poboación
Caroi presenta un modelo de poboación típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños.
No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.
Patrimonio
Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013.
Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA













No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901