IGREXA DE SAN PEDRO DE FIGUEIREDO
FIGUEIREDO
PADERNE DE ALLARIZ
É o templo máis singular do concello de Paderne de Allariz, é o único que mantén á vista o testemuño das dúas grandes reformas que experimentou ao longo da súa historia, xa que conviven harmoniosamente elementos románicos e barrocos.
Do primeiro cabe destacar á ábsida semicircular, que aínda conta cos canzorros figurados soportando o tellado, xunto a un par de columnas adosadas de fuste circular e capitel corintio.
O tornachuvias da espadana central, que loce un pequeno arco de medio punto soportado por columniñas con capiteis corintios, está ricamente decorado por botóns semiesféricos que denotan, aínda con máis clareza se cabe, a súa filiación románica.
A faciana barroca do templo ten na fachada o seo maior expoñente.
A porta principal conserva aínda a fisionomía anterior, tal e como evidencia a dobre arcada de medio punto gorecida baixo un tornachuvias axadrezado na súa parte mais exterior.
Os arcos destacan sobre columnas adosadas baixo capitel corintio.
O tímpano exterior volve evidenciar a anterior filiación estilística nas cabezas de animais que gardan o acceso ao edificio.
A súa humilde espadana, dun único corpo e reloxo cenital, é case que o único elemento netamente barroco de todo o edificio.
A morfoloxía e o deseño global da fachada (pináculos, molduras, pilastras …) tamén evidencian a filiación cronolóxica estilística barroca.
O interior é dunha única nave e conta cunha cuberta alintelada con armadura de madeira.
Os arcos son apuntados na nave e de medio punto na ábsida.
A tribuna é un elemento do máximo interese mercede ao seu orixinal soporte, así os columnados que a sustentan aparecen divididos pola metade por senllas pías semiesféricas de auga bendicida que supoñen un novidoso aporte estético funcional.
Figueiredo
San Pedro de Figueiredo é unha parroquia do concello ourensán de Paderne de Allariz na comarca de Allariz - Maceda.
Segundo o IGE, en 2022 tiña 136 habitantes (66 homes e 70 mulleres). Ten unha única entidade de poboación.
Lugares de Figueiredo
Figueiredo
Comarca de Allariz - Maceda
A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense que linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova.
A súa capital é Allariz.
Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos:
Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.
MAPA
Fuente: campaners.com
XOAN ARCO DA VELLA



















No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901