viernes, 14 de noviembre de 2025

CRUCEIRO DA CHISCA - MARÍN DE ARRIBA - MARÍN

 CRUCEIRO DA CHISCA

MARÍN DE ARRIBA

MARÍN 

     Cruceiro, xunto ao adro da Igrexa de San Xulián de Marín de Arriba. 

      Érguese sobre unha plataforma dun só grao, sobre a que se apoia o pedestal, cúbico, decorado cunha caveira con tibias cruzadas na fronte, e con inscripción nos outros tres lados, coa data do cruceiro: ANO/DE/1698. 

 
     Diante do pedestal, e apoiado en sendos cilindros, hai unha mesa de ofrendas. 
 

      O fuste ou varal é de sección octogonal, sen figuras. 

      O capitel, sobre un ancho colar cilíndrico acoutado por dous toros, está decorado con caulículos e rostros de querubíns. 

      No anverso da cruz hai un Cristo de boa talla, mirando á súa dereita, mentres que o reverso é liso, sen figuras. 

      Conserva restos de policromía. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901