miércoles, 8 de octubre de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE CERCIO - CERCIO - LALÍN

 IGREXA DE SANTIAGO

CERCIO

LALÍN

Igrexa de Santiago de Cercio
      Construída no ano 1700. Posúe planta de cruz latina, dunha soa nave, con cruceiro destacado en altura, e cuberta a catro augas, ao igual que as capelas e sancristía, mentres que a nave ten teito a dúas augas.

      A súa fachada é de pedra á vista, co resto dos muros exteriores revocados. 

      Na portada, de estilo barroco, destaca un gran escudo mariano e unha imaxe pétrea da Virxe do Carme sobre o eixo da porta, alintelada. 

      A espadana, sobre o eixo da igrexa, é de dous corpos separados por cornixas, o primeiro con dous arcos e o segundo cun só arco, rematado con frontón curvo e decoración de pináculos.

Cercio
     Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. 

      Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Patrimonio
      Cercio conserva unha igrexa construída no ano 1700 e un cruceiro levantado en 1908. 

      No chamado Coto das Covas consérvase a entrada dunha escavación subterránea, da que se di que os romanos extraeron ferro, estaño e volframio, aínda que semella máis unha simple cala de prospección.

Festas
     O 14 e o 15 de setembro celebra as súas festas patronais, en honor á Virxe dos Milagres. 

MAPA

  

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901