CRUCEIRO DA IGREXA
IGREXA DE SAN MIGUEL
CAMPO LAMEIRO
Cruceiro
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza, teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores.
O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galego.
Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares.
Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas públicas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis.
O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de influencia celta e que existen desde o século VII.
Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña, onde se levantan algúns moi espectaculares chamados calvarios, con moitísimas figuras), Alemaña e Gran Bretaña.
As organizacións de emigrantes galegos nos diferentes países están detrás de numerosos cruceiros en diferentes países de todo o mundo.
Distribución
Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez dicía en 2003 que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros.
A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".
A revista dixital GCiencia estimaba en 2023 que hai preto de 15.000 cruceiros en Galicia.
Como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño15, 118 en Rianxo 16 "algo máis de 300" en Vilalba,13 máis de 250 na comarca de Pontevedra.
Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901